MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS

Onte conmemorouse o centenario do nacemento do poeta Miguel González Garcés. Quixera sumarme eu á celebración, lembrando este fermoso poema seu:

O home é por sempre unha flor de esperanza.
Quizais o verán xa murchou.
Mais a chuvia de outono
pode erguer as herbiñas cun verde argalleiro.
E as frautas soan.
Pingas de orballo novo
pousan no amor das almas.
E os anxos arrólanse no canto das raiolas
e manseliñamente, bailan, bailan. 

En decembro de 2014, un grupo de familiares e amigos, xunto coa AELG e a colaboración da Biblioteca que leva o seu nome, organizaramos un acto de homenaxe, o día no que se cumpría o 25 cabodano do seu pasamento, esta foi a referencia que quedou no blog.

MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS

Polo camiño e polo empeño do seu fillo Alberto, aquela homenaxe transformouse en libro, publicado por Meubook S.L. co título: Unha frol de esperanza, parte do primeiro verso do poema antes citado. O libro recolle as intervencións e material gráfico daquel serán de chuvia. A cuberta do foi deseñada por Maribel Longueira e o libro pode adquirirse a través da distribuidora Arnoia, neste correo: pedidos@arnoia.gal

Miguel González G