CAROLINA ZAMUDIO: O QUE BRILLA

CarolinaCoñecín a Carolina Zamudio en Nova York, no mes de outubro de 2014. Os dous acudimos a participar no festival de poesía organizado pola editorial Artepoética press, coa colaboración de varias entidades, entre outras: o Instituto Cervantes, a Casa Museo de Walt Whitman ou o Center for Worker Education. No recital que abriu o recital, no auditorio do Center for Worker Education, escoitei recitar a Carolina por primeira vez. Leu ela poemas do seu libro La oscuridad de lo que brilla. Escoitándoa tiven a sensación de que había algo neses versos que tiña relación co meu Bater de sombras, por iso, rematado o recital, achegueime a ela e comenteillo. Ese encontro foi o inicio dunha fermosa amizade.

Ela, arxentina de orixe, vive en Barranquilla, Colombia, con Gustavo e as fillas de ambas, Rocío e Delfina. Na súa casa acolléronme cando viaxei, en xullo do ano pasado, a participar no festival POEMARÍO. Natural do estado de Corrientes, nos últimos anos viviu en tres continentes: Asia, Europa e, de novo, América. Esa experiencia de xeografías e culturas afastadas e diversas, vai deixando un pouso enriquecedor na experiencia da vida e, tamén, no seu dicir poético.

Cando nos coñecimos, Carolina publicara o libro Seguir al viento. Este outono, Carlos Aguasaco, na súa editorial Artepóetica press, publicou, en edición bilingüe, aquel La oscuridad de lo que brilla, que xa, dende o título, nos predispón a asistir a unha iluminación, a luz da sombra, a pescuda nos ángulos de nós tantas veces invisibles. A xeito de presentación, elaborouse este vídeo, no que os versos, na súa voz, conxugan coas imaxes fermosas e coa música de Shubert.

A partir dos textos de Carolina, o tamén arxentino Jorge Paolantonio, narrador e poeta, confeccionou unha plaquette co título Teoría sobre la belleza y otros poemas, cuberta que pode verse no centro da composición fotográfica que segue, aínda que resulta difícil ler o título:

Plaquette Carolina

Tiven o privilexio de ser lector de La oscuridad de lo que brilla cando era borrador. Algunha suxestión fíxenlle a Carolina, pero o libro estaba maduro e feito. Esta é unha mostra da súa obra:

Teoría sobre la belleza
 Me dijo que le duele la belleza
que la alegría, la razón la abruman
detesta el suave cinismo de los días
la aparente armonía.
Me lo dijo con la voz que sale de los ojos
desaguándose tan completa
que no pude más que creerle.
La belleza no cabe
en un trozo de papel
sí en los ojos. Como ajustar
el enfoque de una lente
por detrás.
No en la punta de la lengua
más allá.
Cabe en el aire
al abarcar el ser.
Puede asirse la belleza
en silencio al reposar el cuerpo
desde atrás, en eso de ser
atesorar lo que haya sido
y bello es.
La belleza habita en la oscuridad
el don que nos fue dado oculto
la cáscara que se quita
lo bello es un fin vacío de principios
nace en el último tramo del próximo deseo.
La belleza abraza la luz de la muerte
o desata la nebulosa de la vida.
E este traducido por min, como agasallo a ela:
Esbozo para un autorretrato
Non nos foi dado un guión.
Intuín ao nacer que me foi negado o paraíso
a premura de parto
alumbrou un camiño en sombras
un contraluz de audacia que me ubica en beiras
por alí, erguidas ou dobregadas
van as noites.
Tampouco nos foi dado un final.
Fuxo do paraíso
entrégome á loita dos homes
que é a falta de certezas
o exiguo tintinar de palabras
a razón ou o amor, segundo o día
a convención, precaria
da felicidade.
Non será doado atopar La oscuridad de lo que brilla, pero si é posible a adquisición directa á propia editorial ou en Amazon.

 

AGUDIZANDO AS CONTRADICIÓNS EN BOGOTÁ (I)

27 de xullo, 9 a.m. En Bogotá, con frío. Da calor do Caribe ao frío da mañá andina. Carolina déixame no hotel e marcha. Trámites no consulado norteamericano, iso a trouxo aquí, iso fixo posible postergar a despedida. Cearei con ela e con Gustavo. O que se ve nesta imaxe, tomada dende o cerro Magdalena, non recolle máis ca 1/4 da cidade, que cobre toda a sabana aberta entre as montañas, a case 3000 metros de altura.

botota 3

Deixo a maleta no hotel e baixo. Busco as rúas. Pero non podo camiñar. “Alagado de amor, de soroche e de olvido”, escribín hai moitos anos, ao regreso dunha viaxe a Ecuador, lembrando o mal de altura en Quito. Recoñezo os síntomas: incapacidade dos pulmóns para encher de aire o peito; dor de cabeza; sensación de que a vida escorrega cara ao fondo do corpo. O soroche, a puna, o mal de altura. Regreso ao hotel, déitome e durmo.

Bogotá 1 L:JAo mediodía chegan Luisa Fernanda Trujillo e Jorge Paolantonio. El deixará as maletas no meu cuarto ata o serán, cando tome o seu voo a Bos Aires. Tamén nel trabou o soroche. Luisa Fernanda, con dozura e lentitude, vainos levando polas beirarrúas, contándonos da súa cidade, ata que chegamos a Park Way, camiño arborado, área tranquila, onde xantamos. Nós pouca cousa, que non convén cargar o estómago. Logo, nunha terraza, pedimos té de coca e eu lembro os días por Salta e Jujuy, pasando a Bolivia, todo o día mastigando a folla que é vida natural aquí, pero que procesada se transforma en morte en tantos outros lugares.

Vemos o atardecer na praza Bolívar. Chegada a hora, marchan os dous, e eu acudo á miñaBogotá Bolívar cita con Carolina e Gustavo. Breve, todos estamos cansos, eles deben madrugar, eu sinto o frío e o soroche dentro, e penso que o mal é coma un verme sen corpo e sen aire que fura unha parte moi interior de min, algo semellante a cando pincha unha roda.

Pola mañá, Carolina e Luisa Fernanda acompáñanme a visitar o Museo do ouro. Sempre quixen velo, dende mozo, cando lin as Crónicas de Indias de Frei Bartolomé de las Casas e o Bolívar de Salvador de Madariaga. Dende entón soñei moitas veces con ver a balsa de ouro, que reproduce aquela dende na que viaxaba o cacique muisca, cuberto o corpo nu de pó de ouro, para se bañar nas augas da lagoa Guatavita, o que deu lugar ao nacemento do mito de El Dorado. O canto co chamán na bóveda superior, resulta impresionante, moito máis que todo o ouro exposto nas salas. A foto que fixen da balsa, co meu móbil, no vale para publicar aquí, pero penso que é doado atopala en internet, bastará poñer isto no buscador: balsa oro muisca Guatavita

Bogotá museo

Ao saír elas marchan e eu paseo. Visito dúas igrexas e busco a oficina de turismo. Pasa Bogota mani 2por diante de min unha manifestación de recicladores ou recolledores de lixo da capital. Reivindican o seu oficio e manifestan oposición ao plan de privatizar a recollida de lixo e a colocación de contedores nas rúas. Deixoa pasar e achégome a un punto de información turística onde comprobo que a oficina queda na parte baixa da praza Bolívar. Nese intre, achégaseme un home vestido con chaqueta marrón de pana. Pregúntame polo museo relixioso. Dígolle que o sinto, que non lle sei dicir, que non son de alí e que eu vou á oficina de información. Entón, outro home moi ben traxeado en gris, con camisa branca e gravata, sitúase ao outro lado e pregúntame se busco algo.

– El o museo relixioso -digo sinalando ao da chaqueta marrón- eu a oficina de turismo.

– La oficina de información turística queda por aquel lado, venga que le acompaño -di sinalando en dirección á praza Bolívar- ¿De dónde son ustedes? -pregunta.

– Colombiano -di o da chaqueta. Eu engado que de España.

– ¿Cuánto tiempo llevan aquí? -engade insistindo no interrogatorio.

– Yo llegué hoy mismo en la mañana -di o da chaqueta. Eu respondo que en Bogotá dende onte, pero que xa estiven en Cartagena de Indias e Barranquilla.

Entón desvela que el é policía, servizo de seguridade e loita contra o narcotráfico, di, amosando unha carteira con dous carnets que non me deixa ler, porque axiña a pecha. Si teñen foto, pero non sei se del, e carimbo oficial. Pregúntame polo nome do hotel. Dígolle que non o lembro, que quedei algo máis tarde cuns amigos da cidade e que eles me levarán a el. Insiste en que el é un dos encargados de velar pola seguridade dos turistas na zona máis visitada, preto da praza e da catedral. Pídeme os documentos de identidade. Dígolle que non os levo comigo, o que non é verdade, pero nese intre eu xa pensara en Tony Leblanc e naquelas películas nas que dous espabilados sempre collían algún parvo ao que timar. Insiste en que se lle facilito os meus documentos, el cubrirá unha ficha que será garantía para min, xa que en caso de sufrir roubo de documentos, -o que máis interesa ao narcotráfico-, ou de cartos, incluso algún dano físico, o goberno colombiano asegura a miña seguridade e a recuperación do roubado. Eu tento responder que me sinto seguro, pero el non deixa de falar. Pregúntame entón cantos cartos levo comigo. Lémbrolle que a declaración dos cartos xa a fixen cando cubrín a ficha policial de control de entrada. Entón saca unha carteira longa, como unha billeteira negra e dame unha ficha en branco para cubrir, indicándolle o meu nome, o do hotel, as tarxetas de que dispoño e a cantidade de cartos que teño en pesos, dólares e euros. Toda a conversación sucedeu nun breve lapso de tempo, camiñando detrás da manifestación que pecha un cordón de policías vestidos de uniforme, con casco e escudo.

Bogota Mani 1

Eu non acepto a ficha e dígolle que se esqueceu do meu compañeiro, e que el si precisa axuda, xa que non sabe onde queda o museo relixioso. Óllanse, sorprendidos, e o da chaqueta de pana acepta cubrir a ficha que ía ser para min. Aproveitando o desconcerto, eu dígolles que non creo que a min me suceda nada, que me sinto seguro e que a policía que me pode axudar é a que vai diante, pechando a manifestación. Míranme perplexos, un coa carteira na man, outro coa ficha, e eu acelero o paso para integrarme na corda  policial. Ollo para atrás. A miña ollada crúzase coa do traxe gris. Dura e desafiante. Logo dan a volta e marchan xuntos, confudidos entre a xente.

Na policía e na oficina de turismo dinme que son varias as parellas que actúan así e asaltan os turistas. Eu lembro aquel principio da teoría marxista que aprendín con dezasete anos: agudizar as contradicións.

POEMARÍO (II)

Continuando cunha sucinta (e porén longa) crónica do festival Poemarío de Barranquilla, comentar que este sucedeu entre os días 22 e 26 de xullo, tal e como estaba previsto no programa, sen aparente dificultade, pero con sobresaltos. O primeiro, xa, na inauguración. Prevista ao aire libre, na praza situada diante da antiga Aduana, hoxe biblioteca que dirixe Miguel Iriarte, tivo que trasladarse ao auditorio por un chuvasco repentino. Co aforo completo, penso que o cambio fixo máis íntimo un acto no que participamos 11 autores. A alteración maior e máis traumática, veu motivada pola visita do Presidente da República, Santos Calderón. Na praza da Paz, na contorna do espazo previsto para recitar, as pequenas editoriais independentes da cidade organizan unha feira do libro. O espazo adxudicado de antemán e ocupado o primeiro día, era o máis popular da praza. Na segunda xornada do festival, a autoridade obrigou a trasladar todo, asunto de seguridade nacional, porque por alí pasaría Santos Calderón. Foi esa unha xornada difícil para Miguel e Tallulah. Ao día seguinte volveu a chuvia, as rúas volvéronse ríos, sucedeu o da morte da rapaza, xa contado nesta páxina, e un grupo de poetas deberon agardar o rescate do coche apresado na enlamada. Tamén padecemos contraprogramación, cun recital colombiano-arxentino en Puerto Colombia, o mesmo día, lugar e hora do previsto para o sábado 25. Participaba eu nese acto e Miguel acordou cambiar a ubicación e retrasar a hora. Eu era partidario de manter a convocatoria, pero el decidiu non competir. A cousa saíu ben.

Barranquilla 5

Os recitais tiveron un nivel alto ou moi alto, en especial o realizado en La Cueva, o local onde García Márquez se xuntaba cos amigos, nos días de Barranquilla. A min non me tocou participar nel, pero recoñezo que dende o primeiro ao último verso o ton e o nivel acadaron a excelencia. Ese día, xunto con Carolina, Marlene e Luisa Fernanda, eu participara nun encontro cos alumnos do colexio Nosa Señora das Mercedes. Foi ese un tempo feliz, no que tamén recitaron os alumnos poetas do centro. O mellor, a alegría compartida.

Recitais, obradorios literarios, presentacións de libros, diálogos con autores, máis de 30 actividades en catro días, por toda a cidade, o que non está nada mal.

A continuación presento unha inxusta e incompleta colección de poemas dalgúns dos autores participantes. É inxusta e incompleta porque non teño poema dalgúns autores que moito me emocionaron, como a romanesa Gabi Eftimie, o sueco Henrik Nilsson ou a colombiana Margarita Galindo.

Empezaría, acaso, con Gustavo Adolfo Garcés, colombiano, autor do libro Una palabra cada día, do que recollo esta fermosa Estampa china, haiku exacto na medida, que responde aos principios recollidos por Matsuo Basho, en particular aquel que invocaba que os haikus, sen certo aire do inevitable, non son verdadeiros haikus e que estes, suspenden o instante.

Hay rocío
en el césped
todo lo alumbra
la magnolia
Con Aleyda e Marlene, no fondo do coche conducido por Julio

Con Aleyda e Marlene, no fondo do coche conducido por Julio

Con Aleyda Quevedo Rojas, de Quito, falei moito pola complicidade dunha amizade común, Yolanda Castaño. Do seu Jardín de Dagas podería escolmar calquera poema, vale pois este, o primeiro do libro:

Nunca las vi detenidamente -aunque siempre estuvieron-
y son las mismas a pesar de haber mudado de pétalos.
Jamás es la misma flor luego del granizo.
Algo modifica sus ojos secos y el destello del cáliz,
tan misteriosamente dispuestas en el mismo jardín.
Sus cuerpos me hablan cuando preparo mi daga
-cortes exactos-
Algo que congele la belleza de la pasiflora o el romerito negro.

Maylén Domínguez, que viña de Santa Clara, Cuba, hospedouse na casa de Consuelo Posada, veciña de Carolina. Esa veciñanza permitiu que fose unha das persoas coas que máis amizade trabei. É coautora de Catedral sumergida, antoloxía da poesía cubana contemporánea escrita por mulleres, na que atopei catro escritoras coñecidas: Aitana Alberti, Nancy Morejón, Mirta Yáñez e Juana García Abás. Maylén tamén recolle nela tres poemas seus e aquí vai este:

LOS TRENES DISPERSAN LA TRISTEZA,
como a otras baratijas
que la penuria suele arrastrar
de pueblo en pueblo.
Hay que tocar su abismo,
atravesar la niebla distinta de esa noche.
Evoco sensaciones que iluminó la infancia,
un pitazo lejano, el paradero humilde,
precaria línea que me hacía soñar.
Yo imaginé algún tránsito posible a la bonanza.
No asociable con los trenes
con lo triste.
Hay que abordar los trenes,
intentar algún viaje,
saber la magia que oculta todo andén,
querer esos caminos
como si los paisajes aliviaran nuestro encono.
Dormito en la carcoma.
Esta costumbre de meditar me obliga
a ver los pueblos que pasan
como los sueños,
como la vida rasante.
Sin fervor.

Luis Fernando Macías chegou de Medellín o venres 24, para presentar El libro de las paradojas. Non puiden asistir á presentación, pero agora, lido aquí, atopo moita relación con algúns aspectos dos meus versos, en especial con algúns de Miño e de Bater de sombras. Faleille eu dos cetáceos, do ámbar gris, da caza do cachalote e el, autor de múltiples rexistros e que traballa varios xéneros, concluíu que atopara un, eu, que practica máis ca el. Xa lle dixen que iso non é mérito ningún, xa se sabe aquilo de quen moito abrangue, pouco apreta. Do seu libro dos paradoxos, este poema:

Percepcións
Aunque no lo veamos
el infrarrojo vuela y pasa
Aunque no lo oigamos
el ultrasonido suena y vuela
No visible o no audible
no significan no existente
Sonidos y colores
pueblan
El silencio

Luisa Fernanda Trujillo foi a miña guía de mañá nos días de  Bogotá, que contarei no seguinte artigo. É a súa unha escritura esencial, limpa, linguaxe pura e pura emoción, velaí, senón, este poema do libro De soslayo, prendada, este poema titulado Deambula:

cubiertas de escarcha
las almas deambulan
las esquinas
                 buscan la calle
                 donde el Sol
                                    las toque
                                                 las derrita
Con Carolina y Joge Paolantonio

Con Carolina y Joge Paolantonio

Jorge Paolantonio agasalloume a novela Ceniza de orquídeas. É poeta e narrador tan recoñecido como que foi, en dúas ocasións, finalista do premio Planeta. Velaí este poema seu:

huésped oscuro
sé que mi canto es vulnerable/ oscuramente irá
por las memorias como un huésped oscuro…
Roberto Paine
ha tocado la frente hacia el final de la tarde
ha nombrado las hierbas
convocado las lenguas del naufragio
en el hombro del mundo
hay un cántaro donde late el diluvio
escribirá nuestro signo
un pez de plata precipitándose al olvido
y encenderá una señal
para quitarnos la bruma de las manos
nuestros ojos serán un cascabel de vidrio
la lluvia misma
una levedad buscándose en el río que migra
de las orillas del miedo
habremos entonces
tatuaje…sello…marca
la agonía
de los que repiten lo posible:
hay un huésped oscuro
………………………para cerrar
la última pregunta
……………………….de nuestros dolidos párpados.

Carolina Zamudio, como xa quedou claro nestas e noutras entradas anteriores, foi quen  me acolleu, xunto coa súa familia, nunha casa fermosa, diante do mar Caribe. Coñecémonos no outono pasado, no festival de Nova York. Daquela chamoume a atención o título dun libro inédito, La oscuridad de lo que brilla, no que intuín conexións co meu Bater de sombras. Agasalloume, daquela, o seu primeiro libro Seguir al viento. A evolución poética de Carolina dende aquel primeiro libro ata  este La oscuridad de lo que brilla, que en edición bilingüe español-inglés, será publicado en Nova York proximamente, é formidable, evolución e madurez manifestada no ser do poema, nas imaxes e metáforas e, sobre todo, na capacidade poética de interpretar as cousas e de expresar a vida . Este poema foi escrito o venres 24, logo dunha mañá e dunha tarde na que un grupo de participantes no festival participamos nunha excursión por Barranquilla e arredores e logo, nun xantar na súa casa. Julio, de quen xa falei no artigo da chuvia en Barranquilla, é o chofer familiar.

Coro de sordos (tentativo)

Huérfanos
a cuestas nuestros egos
un coro en do
re / mi / yo
multiplicado
disonante en plural

al menos un alma es triste
desliza una plegaria al sol
todos reímos
como hermanos perdidos
de sarcasmo en orfanato

pero es un auto
y sólo reímos

también está el silencio
delgadito
que busca efervescente
la palabra justa
para el coro de los sordos

todos reímos
hay uno que conduce:
Julio es el único
que conoce su destino

más tarde alguien lee
la palma de una mano:
“a punto de iniciar el viaje” dice
pero la mano piensa
en Julio
el chófer
aunque Julio nada sepa
de la palma
sí el camino

es ciega la fe
de la mano al hombre oráculo
–así parece–
pero al fin es sólo Julio
quien conoce el camino.

Dende Guadalajara, México, chegou Marlene Zertuche. Con ela participei en varios recitais, pero tamén tiven a sorte de escoitala nalgún no que eu non estaba. Nun deles leu este que me conmoveu e que lle pedín porque teño intención de incorporar algún verso

te aproximas
viene contigo una culpa cristiana
como si hubieras bebido el último trago del pozo
sin compartirlo conmigo
como esa multitud que poco o nada se apacigua con el pan multiplicado
pincho el globo: anochece
hay retraso
fecha
protocolo
mi entrepierna sangrando al fin
desde entonces nos suenan los huesos, Hércules,
porque fue grande el espacio entre tu nombre y mi laberinto,
abismal la grieta entre tu mueca y mi viaje
pero la culpa no se va de ti
me la entregas por los ojos
insistes vanidosamente en que el daño es tu proeza
no sabes que aquella mañana estaba yo entre el líquido fluorescente y cualquier cuerpo
entre el agua, el deseo,
llegaste, Dios de Fuerza, como otro hubiera llegado
tenías el destino perfecto hilvanado en doce hazañas
débil para la decisión, hecho de engaño sobre engaño,
supiste sólo ahogar, capturar, robar, matar, matar y matar
tres muertes que dicen qué
a tu regreso no negaré mi tacto
estaré resuelta para la embestida
porque en tardes de mi cuerpo, nuestros poros y tu sexo
mi fuerza se concentra sólo en un verbo.
O máis agardado dos escritores presentes, o que máis expectativa espertou, foi o uruguaio Rafael Courtoisie. Recente gañador do premio Casa de América, conmocionounos a todos coa lectura dun relato sobre Sodoma e Gomorra. Agasalloume dous libros, a un deles, Poesía e caracol, pertence este poema

Barranquilla 1

Los hombres lentos

I

Paradoja griega

Entre la liebre y la tortuga jamás hay que apostar por la liebre:
nunca llega.
                Es sabido: las tortugas, dentro del espacio de su lentitud, de
su media cáscara verde, tozuda, resultan infinitamente más veloces
que las liebres.
              Veloces de otra manera. Veloces para dentro: se toman su
tiempo. En cambio las liebres, de tan apuradas, de tan ansiosas,
son lentas.
              Hai un modo de ser veloz que es distinto por completo, exis-
te una manera de llegar que es no moverse. 
             Entre dos estrellas o luces cualesquiera, la distancia más corta
es el pensamiento.
¿El pensamiento se mueve?
Si se mueve lo hace a la manera de las tortugas: al desplazarse imita
el gesto de las piedras.
             He aquí el secreto de las tortugas: ser como piedras, como
piedras andantes, como mundos o planetas partidos al medio,
morosos en la noche eterna.

Con Lidia Salas e con outros moitos autores, compartín o recital de clausura. Ela escribiu un comentario na entrada anterior. Non tiven ocasión de falar con ela. Non estar hospedado co colectivo principal é o que ten, e eu vivía na casa de Carolina, o que non deixaba de ser un privilexio. Porén, nese último día, escoitando os poemas de Lidia, pareceume que debía figurar aquí. Busquei e atopei. Velaí este:

I n a u d i b l e  s o n i d o

Inaudible sonido de la vida
Sabor de uva macerada entre los labios.
Creer que el milagro de los nardos
lava la piel oscura de la muerte.
Reconocer en la delgada voz,
en la desafinada voz del jazz
el grito de otro cuerpo.
Entonces no sabías
la ruta del destino.
Ahora que ves sobre los hombros.
los meandros del camino,
casi todo es pasado.
Aún persigues el inaudible sonido de la vida.

O penúltimo día, ceando na casa de Carolina, sucedeume algo extraordinario. Sen saber moi ben como, produciuse unha conexión interior entre Javier Naranjo e eu. Escoitara falar del e do seu proxecto Casa de las estrellas, el universo contado por los niños, no que lles pediu aos nenos que definisen palabras propostas por el. Falamos das nais, das emocións, sentímonos próximos e descubrimos que temos un amigo común, Antonio García Teijeiro. Coñecéronse en Medellín. Javier é un dos fundadores do que seguramente é o festival poético máis importante do mundo. O proxecto Casa de las estrellas, deu definicións tan fermosas ou sorprendentes como estas:

Agua: transparencia que se puede tomar.

Avaricia: equilibrio de los payasos.

Espacio: es como dejando diez renglones.

Eternidad: un pozo que no tiene fondo. 

Palabra: en donde se ocultan las palomas

Príncipe: vago de la realeza.

… e tantas outras.

Sentín próximo, tamén, ao poeta barranquilleiro Leo Castillo. Pareceume de carácter moi caribeño, expresivo e moi participativo, agasalloume el cun libro: Instrucciones para complicarme la vida, que inclúe este poema:

Rómulo

Aunque Dios haya fracasado

y todo este rutilante aparato de constelaciones y luciérnagas

de rosas y cometas no me seduzca

mientras la noche cósmica discurre ajena

yo, amor mío

me prendo de tus labios, Loba

lamo la vida y degusto en tus pezones esta condición febril

que en ninguna otra cosa del mundo hay para mí. 

Sorprendeume moito, e falei con el disto, a interpretación que Odymar Varela fai das crebas neste poema:

El mar, es igual que la memoria

Sabes que no me gusta el mar, lo sabes perfectamente. No es porque no sepa nadar, no, no es nada de eso. Es porque siempre me pareció cruel. El sistema de mareas: bajamar, pleamar. Las olas, la espuma. Hay algo de cruel en todo ese ciclo, en toda esa repetición.

El mar siempre devuelve a la orilla cachivaches desagradables que la gente ya no quiere: un sillín oxidado de bicicleta vieja, latas de leche condensada, zapatos sin cordones, cordones sin zapatos, llantas, plásticos, radios inservibles. O esos cadáveres que se perdieron mar adentro y que vuelven semanas más tarde, hinchados y picoteados por las gaviotas, cuando ya nadie los echa de menos porque hasta a la pérdida se acostumbra uno.

Por eso no me gusta el mar, porque es igual que la memoria. Termina escupiéndote a la cara todo aquello de lo que quisiste deshacerte un día.

Finalmente, esta homenaxe aos organizadores

Barranquilla 8