MAURO CASTELLÁ FERRER

Devolvín onte na biblioteca, logo de telo un mes na casa, este libro curioso, titulado Historia del Apóstol de Iesus Christo Santiago Zebedeo Patrón y Capitán General de las Españas. O autor Mauro Castellá Ferrer, militar e escritor que naceu en Celanova no ano 1567 e que morreu en Madrid no 1612.

Non foi o título, dende logo, o que me chamou a atención. Souben del por un artigo de Xosé Luis Méndenz Ferrín, publicado no suplemento cultural do Faro de Vigo e titulado: O erudito de Bubadela.

Mauro Castellá 1Nas setecentas páxinas cumpridas do texto, amósase Mauro Castellá Ferrer como un apaixonado defensor da historia do apóstolo como certa. Argumenta e replica todo canto argumento coñece que negue o que é para el verdade incuestionable. Informa de cousas curiosas, como que Pedro e Andrés pescaban á parella con Santiago e Xoán, no mar de Galilea, e que era Caifás quen lles mercaba o peixe.

Para min, o máis singular, é como conta Galicia dende a perspectiva do século XVI. O país dos neriones, dille, supoño que lembrando os nerios. Recolle todas as lendas que vinculan o noroeste peninsular coa mitoloxía grega. Interpreta o topónimo Pontecesures como Ponte feita por Xulio César; afirma que a Ara Solis estaba no lugar no que se ergue a igrexa de Santa María das Areas en Fisterra, e dá por certo que Santiago estivo en Iria Flavia, que el corrixe e cita como Illia Flavia, pero tamén en Duio, Muxía, A Coruña e Lugo, antes de marchar cara Braga. Segundo escribe, Ourense pillaría ao Apóstolo fóra de camiño, pero Mauro Castellá fala da cidade e do Castelo Ramiro. Algunhas achegas son ben singulares, como este mapa da xeografía apostólica:

mapa do santo

Afirma que nos días nos que o Apóstolo andaba por aquí de prédica, na Gallaecia había rebelións locais contra o Imperio, cousa que eu sempre sospeitei, aínda que non teñamos moita memoria deses feitos, ou eu non coñeza as probas.

A Historia de Lupa que nos conta é moi semellante á do Códice Calixtino, aínda que afirma que ela provén dunha familia romana, cousa que a min me custa crer. En fin, libro curioso, singular para días de chuvia

LA NUIT DE L’IMPROVISATION

Foi Silvia, a filla de Olga e de Gumersindo Álvarez, -o amigo co que empecei a escribir e que ten categoría propia neste blog-, quen pensou nos meus poemas para que o músico Thierry Escaich realizase unha improvisación musical coa que participar na “noite da improvisación” organizada por France Musique, en colaboración co Conservatorio Nacional Superior de Música e Danza de París, onde estuda Silvia.

Escolleu ela poemas de Ara Solis, por teren tradución en francés. A composición de Thierry Escaich, así como fragmentos da entrevista realizada por Silvia, poden escoitarse aquí. O texto final é o da información recollida na páxina do Conservatorio.

Thierry Escaich é un dos grandes compositores franceses contemporáneos. Escoitar esa música que bebe naqueles versos, é para min unha emoción que quero compartir.

http://www.conservatoiredeparis.fr/nc/voir-et-entendre/enregistrements/article/jusquau-bout-de-limpro-portraits-dimproviseurs/

Six portraits de six artistes de 6’ chacun environ, (Sylvie Berthomé, Médéric Collignon, Thierry Escaich, Riccardo Del Fra, Vincent Le Quang, Alexandros Markeas) tous professionnels de l’improvisation et enseignants au Conservatoire national supérieur de musique et de danse de Paris.

Sur une idée initiée par le Conservatoire, grâce à une riche collaboration avec Anne Montaron, ces portraits ont été réalisés par six duos associant un élève de la classe des Métiers de la culture musicale (professeur, Lucie Kayas) à un élève de la Formation supérieure aux métiers du son (Alexandre Tanguy, Denis Vautrin).

Six séquences qui permettront de passer d’une improvisation à l’autre de cette folle nuit organisée par France Musique en partenariat avec le Conservatoire national supérieur de musique et de danse de Paris : « Jusqu’au bout de l’impro ».

L’évènement sera diffusé en direct sur www.conservatoiredeparis.fr et surwww.francemusique.fr.

Inscrivez-vous à l’évènement sur Facebook

Tous les détails de l’évènement dans l’agenda

  1. Vincent Lê Quang, enregistré par Georges Ledoux, Anaïs Georgel et Colin Lardier
  2. Thierry Escaich, enregistré par Silvia Alvarez, Alexandre Laurent et Julie Grisel
  3. Médéric Collignon, enregistré par Léo Duprey et Simon Becquet
  4. Riccardo Del Fra, enregistré par Pierre Dutilleux et Valentin Bauer
  5. Sylvie Berthomé, enregistrée par Nastasia Matignon et Alice Ragon
  6. Alexandros Markeas, enregistré par Lucie Kayas et Paul Alkhallaf