EMPORCARTE

Emporcarte é unha iniciativa do concello de Lalín quen, cada ano, convoca aos artistas de Lalín Entroido 1todo o país a participar nunha mostra colectiva arredor do porco e do cocido en días de Entroido. Fomos por primeira vez o ano pasado, da man do pintor Xulio García Rivas, quen nos fixo coincidir alí con Antonio García Teijeiro e Susi.

O sábado alá fomos outra vez, en día frío e chuvioso. Esta vez tamén participaba Maribel con dúas fotos que, malia o motivo, resultaron moi modernas: unha de grelos e outra de porco. Desta volta tamén foi Alba, amiga de Antonio e Susi, e Javier, o fillo de Xulio.

Con Acisclo

Con Acisclo

Atopamos moitos outros amigos alí: Soledad Penalta, Acisclo Manzano ou Isabel Blanco, que tamén expoñían obra. Tal e como aconteceu o ano pasado, a hora da inauguración coincidiu cunha particular sesión vermú, na que mozos e homes se disfrazan de mulleres e acoden todos ao mesmo local. Vimos de novo a Celso Sanmartín, o poeta e contador, moi no seu papel de moza, lucindo espléndidas pernas que, como nos explicou, víamos fortes porque estaban afeitas a andar no monte.

A festa remata en cocido. Estivo ben o deste ano, en particular nas sobremesas: rosquillas, filloas, orellas e queixo. Pero a min pareceume que o de 2015 tiña máis fondura. O ano pasado puidemos comer carne de porco nos seus variados xeitos de conservación: salgada, adobada, afumada, fresca… Este ano a min pareceume que toda estaba salgada, agás un anaco de orella que estaba afumado. Con todo, non tivemos queixa.

No xantar coñecín o fotógrafo Ángel Luis Utrera, quen sabe un mundo de patrimonio da zona, en particular, pareceume que de mámoas e petróglifos. Foi el quen nos fixo esta foto na que estamos Antonio, Xulio e eu. Tamén no xantar atopei a Luís González Tosar, con quen tivera ocasión de falar por WhatsApp uns días antes, pero a quen non contaba ver alí.

Lalín 3 A

(As outras fotos son de Maribel Longueira.)

POEMARÍO (II)

Continuando cunha sucinta (e porén longa) crónica do festival Poemarío de Barranquilla, comentar que este sucedeu entre os días 22 e 26 de xullo, tal e como estaba previsto no programa, sen aparente dificultade, pero con sobresaltos. O primeiro, xa, na inauguración. Prevista ao aire libre, na praza situada diante da antiga Aduana, hoxe biblioteca que dirixe Miguel Iriarte, tivo que trasladarse ao auditorio por un chuvasco repentino. Co aforo completo, penso que o cambio fixo máis íntimo un acto no que participamos 11 autores. A alteración maior e máis traumática, veu motivada pola visita do Presidente da República, Santos Calderón. Na praza da Paz, na contorna do espazo previsto para recitar, as pequenas editoriais independentes da cidade organizan unha feira do libro. O espazo adxudicado de antemán e ocupado o primeiro día, era o máis popular da praza. Na segunda xornada do festival, a autoridade obrigou a trasladar todo, asunto de seguridade nacional, porque por alí pasaría Santos Calderón. Foi esa unha xornada difícil para Miguel e Tallulah. Ao día seguinte volveu a chuvia, as rúas volvéronse ríos, sucedeu o da morte da rapaza, xa contado nesta páxina, e un grupo de poetas deberon agardar o rescate do coche apresado na enlamada. Tamén padecemos contraprogramación, cun recital colombiano-arxentino en Puerto Colombia, o mesmo día, lugar e hora do previsto para o sábado 25. Participaba eu nese acto e Miguel acordou cambiar a ubicación e retrasar a hora. Eu era partidario de manter a convocatoria, pero el decidiu non competir. A cousa saíu ben.

Barranquilla 5

Os recitais tiveron un nivel alto ou moi alto, en especial o realizado en La Cueva, o local onde García Márquez se xuntaba cos amigos, nos días de Barranquilla. A min non me tocou participar nel, pero recoñezo que dende o primeiro ao último verso o ton e o nivel acadaron a excelencia. Ese día, xunto con Carolina, Marlene e Luisa Fernanda, eu participara nun encontro cos alumnos do colexio Nosa Señora das Mercedes. Foi ese un tempo feliz, no que tamén recitaron os alumnos poetas do centro. O mellor, a alegría compartida.

Recitais, obradorios literarios, presentacións de libros, diálogos con autores, máis de 30 actividades en catro días, por toda a cidade, o que non está nada mal.

A continuación presento unha inxusta e incompleta colección de poemas dalgúns dos autores participantes. É inxusta e incompleta porque non teño poema dalgúns autores que moito me emocionaron, como a romanesa Gabi Eftimie, o sueco Henrik Nilsson ou a colombiana Margarita Galindo.

Empezaría, acaso, con Gustavo Adolfo Garcés, colombiano, autor do libro Una palabra cada día, do que recollo esta fermosa Estampa china, haiku exacto na medida, que responde aos principios recollidos por Matsuo Basho, en particular aquel que invocaba que os haikus, sen certo aire do inevitable, non son verdadeiros haikus e que estes, suspenden o instante.

Hay rocío
en el césped
todo lo alumbra
la magnolia
Con Aleyda e Marlene, no fondo do coche conducido por Julio

Con Aleyda e Marlene, no fondo do coche conducido por Julio

Con Aleyda Quevedo Rojas, de Quito, falei moito pola complicidade dunha amizade común, Yolanda Castaño. Do seu Jardín de Dagas podería escolmar calquera poema, vale pois este, o primeiro do libro:

Nunca las vi detenidamente -aunque siempre estuvieron-
y son las mismas a pesar de haber mudado de pétalos.
Jamás es la misma flor luego del granizo.
Algo modifica sus ojos secos y el destello del cáliz,
tan misteriosamente dispuestas en el mismo jardín.
Sus cuerpos me hablan cuando preparo mi daga
-cortes exactos-
Algo que congele la belleza de la pasiflora o el romerito negro.

Maylén Domínguez, que viña de Santa Clara, Cuba, hospedouse na casa de Consuelo Posada, veciña de Carolina. Esa veciñanza permitiu que fose unha das persoas coas que máis amizade trabei. É coautora de Catedral sumergida, antoloxía da poesía cubana contemporánea escrita por mulleres, na que atopei catro escritoras coñecidas: Aitana Alberti, Nancy Morejón, Mirta Yáñez e Juana García Abás. Maylén tamén recolle nela tres poemas seus e aquí vai este:

LOS TRENES DISPERSAN LA TRISTEZA,
como a otras baratijas
que la penuria suele arrastrar
de pueblo en pueblo.
Hay que tocar su abismo,
atravesar la niebla distinta de esa noche.
Evoco sensaciones que iluminó la infancia,
un pitazo lejano, el paradero humilde,
precaria línea que me hacía soñar.
Yo imaginé algún tránsito posible a la bonanza.
No asociable con los trenes
con lo triste.
Hay que abordar los trenes,
intentar algún viaje,
saber la magia que oculta todo andén,
querer esos caminos
como si los paisajes aliviaran nuestro encono.
Dormito en la carcoma.
Esta costumbre de meditar me obliga
a ver los pueblos que pasan
como los sueños,
como la vida rasante.
Sin fervor.

Luis Fernando Macías chegou de Medellín o venres 24, para presentar El libro de las paradojas. Non puiden asistir á presentación, pero agora, lido aquí, atopo moita relación con algúns aspectos dos meus versos, en especial con algúns de Miño e de Bater de sombras. Faleille eu dos cetáceos, do ámbar gris, da caza do cachalote e el, autor de múltiples rexistros e que traballa varios xéneros, concluíu que atopara un, eu, que practica máis ca el. Xa lle dixen que iso non é mérito ningún, xa se sabe aquilo de quen moito abrangue, pouco apreta. Do seu libro dos paradoxos, este poema:

Percepcións
Aunque no lo veamos
el infrarrojo vuela y pasa
Aunque no lo oigamos
el ultrasonido suena y vuela
No visible o no audible
no significan no existente
Sonidos y colores
pueblan
El silencio

Luisa Fernanda Trujillo foi a miña guía de mañá nos días de  Bogotá, que contarei no seguinte artigo. É a súa unha escritura esencial, limpa, linguaxe pura e pura emoción, velaí, senón, este poema do libro De soslayo, prendada, este poema titulado Deambula:

cubiertas de escarcha
las almas deambulan
las esquinas
                 buscan la calle
                 donde el Sol
                                    las toque
                                                 las derrita
Con Carolina y Joge Paolantonio

Con Carolina y Joge Paolantonio

Jorge Paolantonio agasalloume a novela Ceniza de orquídeas. É poeta e narrador tan recoñecido como que foi, en dúas ocasións, finalista do premio Planeta. Velaí este poema seu:

huésped oscuro
sé que mi canto es vulnerable/ oscuramente irá
por las memorias como un huésped oscuro…
Roberto Paine
ha tocado la frente hacia el final de la tarde
ha nombrado las hierbas
convocado las lenguas del naufragio
en el hombro del mundo
hay un cántaro donde late el diluvio
escribirá nuestro signo
un pez de plata precipitándose al olvido
y encenderá una señal
para quitarnos la bruma de las manos
nuestros ojos serán un cascabel de vidrio
la lluvia misma
una levedad buscándose en el río que migra
de las orillas del miedo
habremos entonces
tatuaje…sello…marca
la agonía
de los que repiten lo posible:
hay un huésped oscuro
………………………para cerrar
la última pregunta
……………………….de nuestros dolidos párpados.

Carolina Zamudio, como xa quedou claro nestas e noutras entradas anteriores, foi quen  me acolleu, xunto coa súa familia, nunha casa fermosa, diante do mar Caribe. Coñecémonos no outono pasado, no festival de Nova York. Daquela chamoume a atención o título dun libro inédito, La oscuridad de lo que brilla, no que intuín conexións co meu Bater de sombras. Agasalloume, daquela, o seu primeiro libro Seguir al viento. A evolución poética de Carolina dende aquel primeiro libro ata  este La oscuridad de lo que brilla, que en edición bilingüe español-inglés, será publicado en Nova York proximamente, é formidable, evolución e madurez manifestada no ser do poema, nas imaxes e metáforas e, sobre todo, na capacidade poética de interpretar as cousas e de expresar a vida . Este poema foi escrito o venres 24, logo dunha mañá e dunha tarde na que un grupo de participantes no festival participamos nunha excursión por Barranquilla e arredores e logo, nun xantar na súa casa. Julio, de quen xa falei no artigo da chuvia en Barranquilla, é o chofer familiar.

Coro de sordos (tentativo)

Huérfanos
a cuestas nuestros egos
un coro en do
re / mi / yo
multiplicado
disonante en plural

al menos un alma es triste
desliza una plegaria al sol
todos reímos
como hermanos perdidos
de sarcasmo en orfanato

pero es un auto
y sólo reímos

también está el silencio
delgadito
que busca efervescente
la palabra justa
para el coro de los sordos

todos reímos
hay uno que conduce:
Julio es el único
que conoce su destino

más tarde alguien lee
la palma de una mano:
“a punto de iniciar el viaje” dice
pero la mano piensa
en Julio
el chófer
aunque Julio nada sepa
de la palma
sí el camino

es ciega la fe
de la mano al hombre oráculo
–así parece–
pero al fin es sólo Julio
quien conoce el camino.

Dende Guadalajara, México, chegou Marlene Zertuche. Con ela participei en varios recitais, pero tamén tiven a sorte de escoitala nalgún no que eu non estaba. Nun deles leu este que me conmoveu e que lle pedín porque teño intención de incorporar algún verso

te aproximas
viene contigo una culpa cristiana
como si hubieras bebido el último trago del pozo
sin compartirlo conmigo
como esa multitud que poco o nada se apacigua con el pan multiplicado
pincho el globo: anochece
hay retraso
fecha
protocolo
mi entrepierna sangrando al fin
desde entonces nos suenan los huesos, Hércules,
porque fue grande el espacio entre tu nombre y mi laberinto,
abismal la grieta entre tu mueca y mi viaje
pero la culpa no se va de ti
me la entregas por los ojos
insistes vanidosamente en que el daño es tu proeza
no sabes que aquella mañana estaba yo entre el líquido fluorescente y cualquier cuerpo
entre el agua, el deseo,
llegaste, Dios de Fuerza, como otro hubiera llegado
tenías el destino perfecto hilvanado en doce hazañas
débil para la decisión, hecho de engaño sobre engaño,
supiste sólo ahogar, capturar, robar, matar, matar y matar
tres muertes que dicen qué
a tu regreso no negaré mi tacto
estaré resuelta para la embestida
porque en tardes de mi cuerpo, nuestros poros y tu sexo
mi fuerza se concentra sólo en un verbo.
O máis agardado dos escritores presentes, o que máis expectativa espertou, foi o uruguaio Rafael Courtoisie. Recente gañador do premio Casa de América, conmocionounos a todos coa lectura dun relato sobre Sodoma e Gomorra. Agasalloume dous libros, a un deles, Poesía e caracol, pertence este poema

Barranquilla 1

Los hombres lentos

I

Paradoja griega

Entre la liebre y la tortuga jamás hay que apostar por la liebre:
nunca llega.
                Es sabido: las tortugas, dentro del espacio de su lentitud, de
su media cáscara verde, tozuda, resultan infinitamente más veloces
que las liebres.
              Veloces de otra manera. Veloces para dentro: se toman su
tiempo. En cambio las liebres, de tan apuradas, de tan ansiosas,
son lentas.
              Hai un modo de ser veloz que es distinto por completo, exis-
te una manera de llegar que es no moverse. 
             Entre dos estrellas o luces cualesquiera, la distancia más corta
es el pensamiento.
¿El pensamiento se mueve?
Si se mueve lo hace a la manera de las tortugas: al desplazarse imita
el gesto de las piedras.
             He aquí el secreto de las tortugas: ser como piedras, como
piedras andantes, como mundos o planetas partidos al medio,
morosos en la noche eterna.

Con Lidia Salas e con outros moitos autores, compartín o recital de clausura. Ela escribiu un comentario na entrada anterior. Non tiven ocasión de falar con ela. Non estar hospedado co colectivo principal é o que ten, e eu vivía na casa de Carolina, o que non deixaba de ser un privilexio. Porén, nese último día, escoitando os poemas de Lidia, pareceume que debía figurar aquí. Busquei e atopei. Velaí este:

I n a u d i b l e  s o n i d o

Inaudible sonido de la vida
Sabor de uva macerada entre los labios.
Creer que el milagro de los nardos
lava la piel oscura de la muerte.
Reconocer en la delgada voz,
en la desafinada voz del jazz
el grito de otro cuerpo.
Entonces no sabías
la ruta del destino.
Ahora que ves sobre los hombros.
los meandros del camino,
casi todo es pasado.
Aún persigues el inaudible sonido de la vida.

O penúltimo día, ceando na casa de Carolina, sucedeume algo extraordinario. Sen saber moi ben como, produciuse unha conexión interior entre Javier Naranjo e eu. Escoitara falar del e do seu proxecto Casa de las estrellas, el universo contado por los niños, no que lles pediu aos nenos que definisen palabras propostas por el. Falamos das nais, das emocións, sentímonos próximos e descubrimos que temos un amigo común, Antonio García Teijeiro. Coñecéronse en Medellín. Javier é un dos fundadores do que seguramente é o festival poético máis importante do mundo. O proxecto Casa de las estrellas, deu definicións tan fermosas ou sorprendentes como estas:

Agua: transparencia que se puede tomar.

Avaricia: equilibrio de los payasos.

Espacio: es como dejando diez renglones.

Eternidad: un pozo que no tiene fondo. 

Palabra: en donde se ocultan las palomas

Príncipe: vago de la realeza.

… e tantas outras.

Sentín próximo, tamén, ao poeta barranquilleiro Leo Castillo. Pareceume de carácter moi caribeño, expresivo e moi participativo, agasalloume el cun libro: Instrucciones para complicarme la vida, que inclúe este poema:

Rómulo

Aunque Dios haya fracasado

y todo este rutilante aparato de constelaciones y luciérnagas

de rosas y cometas no me seduzca

mientras la noche cósmica discurre ajena

yo, amor mío

me prendo de tus labios, Loba

lamo la vida y degusto en tus pezones esta condición febril

que en ninguna otra cosa del mundo hay para mí. 

Sorprendeume moito, e falei con el disto, a interpretación que Odymar Varela fai das crebas neste poema:

El mar, es igual que la memoria

Sabes que no me gusta el mar, lo sabes perfectamente. No es porque no sepa nadar, no, no es nada de eso. Es porque siempre me pareció cruel. El sistema de mareas: bajamar, pleamar. Las olas, la espuma. Hay algo de cruel en todo ese ciclo, en toda esa repetición.

El mar siempre devuelve a la orilla cachivaches desagradables que la gente ya no quiere: un sillín oxidado de bicicleta vieja, latas de leche condensada, zapatos sin cordones, cordones sin zapatos, llantas, plásticos, radios inservibles. O esos cadáveres que se perdieron mar adentro y que vuelven semanas más tarde, hinchados y picoteados por las gaviotas, cuando ya nadie los echa de menos porque hasta a la pérdida se acostumbra uno.

Por eso no me gusta el mar, porque es igual que la memoria. Termina escupiéndote a la cara todo aquello de lo que quisiste deshacerte un día.

Finalmente, esta homenaxe aos organizadores

Barranquilla 8

 

 

 

 

 

 

 

DETRÁS DEL HORIZONTE

Días atrás, dous máis tarde da poxa pola obras de Ahmad Al Hammond, tiven ocasión de presentar o libro Detrás del horizonte, de Antonio García Teijeiro, que tamén trata sobre a guerra, nunha achega intensa realizada dende os ollos e os corazóns de nenos e adolescentes.

Foi un acto entrañable, con amigos queridos que compartimos. El publicou unha entrada sobre o acontecido ese día, no seu blog Versos e aloumiños, e por se alguén se anima, aquí deixo o enlace: http://garciateijeiro.blogspot.com.es/

POEMAS DE NOVA YORK (II)

Van os cinco poemas que faltan do conxunto titulado Dez poemas de Nova York. Catro (Metropole, Harlem, Brooklyn, Negritude) publicou Antonio García Teijeiro en Versos e Aloumiños. Un (Strangers in the night foi aquí, na entrada do día 23. Restan: Walt Whitman, Museu Xudeu, Wall Street,  Columbus Day e World Trade Center. Van agora. Deste xeito queda publicado o conxunto, que ten a seguinte orde (porque a orde nestas cousas si importa): Metrópole, Harlem, Walt Whitman, Museu Xudeu, Wall Street, Strangers in the night, Brooklyn, Columbus Day, Negritude e World Trade Center.

Casa WW

WALT WHITMAN

O pozo da casa de Walt Whitman
aínda ten auga que mana
do mesmo manancial que aliviou
a súa sede de esperanza.
O cuarto onde naceu Walt Whitman
aínda conserva
o eco do seu primeiro pranto, do seu primeiro canto,
enmascarado no ceo azul de prusia
que a man do pai pintou para mostrario dunha casa que é patria.
No xardín onde xogou Walt Whitman
medran follas de herba
que abrollan dos pés que bateron coas danzas ancestrais
nas sementes vellas.
O país que soñou o fundador da nación
agochouse hai tempo das cen olladas,
das frontes que interrogan, do esplendor do incenso.
Agochou a sombra na distancia do cristal,
na transacción das almas, esquío rillar que mata,
crisálida de dor e de vitorias que non restaura a paz,
nin cicatriza o sangue.
Quixera eu celebrarme aquí,
facendo meu o que foi seu e aínda percibo, poeta do corpo, poeta da alma,
en cada átomo. Tamén nos erros
na contradición, na pálpebra da vellez e o desamparo,
na irreverente paixón, no escuro,
nos seus dentes de tigre, nos seus labios de amor.

Museo Xudeo

MUSEO XUDEU

Construíron o búnker
en Batery Park, diante da deusa estatua  ou estatua dunha deusa altiva,
diante da illa dos corenta días e do final dos soños.
Construíron un búnker para albergar memoria,
real, pero murchada, non pola historia en si, nin pola dor, nin pola iniquidade,
senón porque nada di da constancia criminal da ocupación, do asedio,
do exceso de obuses, das pegadas das botas no po que o vento move
dende hai séculos. Nada di dos tanques, nada da auga nin da súa carencia.
Construíron un búnker para acoller os rostros
doutras sombras, a burocracia do éxodo, o fume do exterminio,
pero non o exilio dos refuxiados, a flor vencida da granada,
o océano de voces que nas mesquitas abanean coma ondas
dun peregrinar errático, o ollar que procura o futuro
no firmamento aberto do deserto.
Aquí non hai espazo para o colono militar que ocupa o corazón da esperanza,
nin para a clonación da parede da infamia. Os elixidos
construíron o búnker en Batery Army, diante de Ellis Island,
nun tempo de lagostas que acompaña a visión do lume,
de mozos que percorren avenidas coa espiga e o limón, ofrecendo un sorriso
de cera e unha canción antiga, caracocha que se retorce
no aire dos espellos. Non, aquí non cabe a heterodoxia,
so a pedra da lei e a ocupación da historia.

Public Mural

WALL STREET

A xaponesa insólita na súa exaltación turística
ofrécese empolicada no pitón esquerdo do touro que amaga, pero que non se move.
Pendurará o retrato en facebook e brillará na rede.
Wall Street, abeiro estrafalario de intereses e réplicas,
labirinto onde Atlas extravía os pasos.
Arañeira do sol.
Fíos de cotización, costuras coas que cinguir a orbe,
confusión dun Teseo  agónico que bebe apócemas en vasos de cartón,
broker que devora sanwichs a impulsos
e morre baixo a mesa no orgasmo da capitalización,
vestido de camisa branca e garabata negra.
Na rúa, o minotauro pesa, pero non se move. Resiste o embate diario
das cámaras, das voces e das inguas pálidas do nacente sol.
Preso de si, fachendoso, distante
e impotente, o monstro escoita o valor do Nasdaq,  o peche do Dow Jones,
o prezo do barril de cru procedente dos límites do imperio.
O balbordo de voces afoga o bafo azul do seu alento, o delirio e o berro.
Mediodía. Arroz con polo e azafrán en tape de poliuretano, á sombra da árbore
onde negociaron os fillos do Mayflower. O hábito dos brokers.
Baixa Manhattan,
illada do East River pola fronteira de formigón e a corrente do tráfico.
Os heroes soñan coa conquista da cámara, con posuír a Ariadna
na corrente estrábica da especulación e o frío, sobre a mesa do índice,
baixo a campá dourada, manipulando o embate sen arames
nin goma, abaneando voraces coa convulsión e o berro,
batendo co cuspe contra as mamilas dun sol que non se pon,
have a koke, have a koke, o heroe mastúrbase entre os labios das opas
empoleiradas nas cornas do monstro, nas nádegas do mundo.

Ponte B

COLUMBUS DAY

Existiu un lugar primeiro
de raíces e chuvia,
un lugar anterior á memoria
confundido no dédalo do esteiro,
extraviado por séculos entre o vapor das gándaras.
Lugar de sol e lama, de carreiras de antílopes,
coroado de plumas e de cantos,
de poutadas e berros.
Un lugar primixenio, parte dese universo
que albergou un milleiro de  nacións e de falas,
dispersas entre veigas e selvas,
desertos e esperanzas.
Un lugar aberto ao sur polo que entraban
o mar e o vento, aneis de temporal, circos de luz
no amencer do día sétimo, conquistadores e prófugos,
as candeas primeiras e a acción de grazas. 
Alí era o roncar da néboa,
o respirar do frío, a memoria do lobo.
Alí varaban baleas que afogaban no seu propio pranto.
Sobre a area o mar deixaba cadernas oceánicas,
fantasmas, arrombados agoiros,
espirais sen fin coma pingas do incógnito.
Alí foi o presaxio, a morte herdada,
un espertar inxenuo, confundido polo gume do sabre,
a boca do fusil e o sangue que replica na vigorosa pel do tambor. 
Do corazón dos teepees medraron columnas de fume, rañaceos,
pontes sobre o río nas que aniñan o falcón,
o corvo, a pomba, o desengano. Os bosques foron mastros de peirao
e dos outeiros xurdiu un nome, Manhattan,
corazón de mazá da que todos comeron,
corazón de cianuro que abre a porta do edén,
pebidas nas que asentar  a casa.
Existiu un lugar primeiro, labirinto de neon,
negro tremer de inverno no que artellar un soño,
greta que albisca o solpor, ese perfil de sombra
ou de silencio, ese baleiro anterior ao baleiro primeiro.

WTC

WORLD TRADE CENTER

Memoria ou desamparo.
Sumidoiro ou inferno.
No peitoril as letras, os nomes,
como pegadas de pombas abatidas
por un lóstrego.
As voces escorregan cara os pozos insondables,
as voces e o cuspe, fíos de auga
no cantar do espasmo,
no excepticismo de Ícaro,
no perfil do aceiro.
A sombra do paxaro proxéctase na escuma,
un agoiro de ferro
que entolda a lembranza
e estimula o berro.
Mellor unha candea,
unha humilde candea, lume ancestral
prendido na inocencia da dor,
na firme convicción do desamparo.

(As fotos son miñas e están feitas com teléfono móbil. Así sairon!)

 

POEMAS DE NOVA YORK (I)

Cando regresamos de Nova York, en outubro do pasado ano, contei aquí que traía os bosquexos de dez poemas que pensaba traballar e darlles tensión ata ver que daban de si. Os poemas quedaron listos en xaneiro e algunhas amigas e amigos xa os coñecen. Prometín, daquela, publicalos aquí. Fun demorando porque tiña dúbidas. Porén, o meu amigo Antonio García Teijeiro vén de publicar unha entrada no seu blog, Versos e aloumiños, no que inclúe catro. A cousa tivo a súa sorpresa para min, porque coñecendo os textos, Antonio non me advertiu de que os publicaría. Non sei polo que, cando me comentou e pediu autorización para facer unha entrada na que os comentaría, eu pensei que falaría deles, pero nada máis. Agora non podo menos que emocionarme e sentir algo de vergoña allea por ler como pon a dialogar os meus versos cos de Federico García Lorca, pero así é Antonio. Deixo a entrada por se alguén ten curiosidade.

http://garciateijeiro.blogspot.com.es/2015/03/paseos-poeticos-xi-con-federico-garcia.html

É certo que antes, durante e despois da viaxe, lin varios autores máis ou menos queridos, máis ou menos coñecidos, con libros ou poemas referidos a Nova York. Dende logo Poeta en Nueva York, de Lorca; tamén Epitafio para Nueva York, de Adonis; Nueva York después de muerto, de Antonio Hernández (o último premio Nacional de poesía 2014); Cuaderno de Nueva York, de Pepe Hierro; e os nosos Luís Seoane e Celso Emilio Ferreiro, amais dos debuxos de Castelao. E claro, Walt Whitman.

En cada un dos dez poemas pódese atopar pegada dalgún deles. Eu vou iniciar a entrega con este Strangers in the nigth, relacionado con NEW YORK -oficina y denuncia-, o primeiro da VII parte, Vuelta a la ciudad, de Poeta en Nueva York.

STRANGERS IN THE NIGTH

Cada día Nova York sacrifica á deusa milleiros de pombas,
millóns de vacas e de porcos, de polos e de soños.
Cada amencer milleiros de parrulos e de pavos sen pluma xiran no carrusel das rúas,
do shoping, do restaurante chinés, do menú económico. Cada mañá, o peixe
vólvese abelorio.
O polo sen oso dentro do parrulo sen oso, dentro do pavo. Turducken,
velaí a metáfora do imperio. As cousas, cando procuran a orde, desvelan o baleiro,
e cada noite, millóns de ratas roldan os corpos dos mendigos,
dos desafiuzados. Millóns de ratas penetran nas cuncas desorbitadas pola sombra,
espantan os gatos, corricando por entre as bolsas de lixo negras e brancas
que gardan os restos dos millóns de vacas, porcos, pavos,
polos, peixes, parrulos e pombas que cada día se ofrecen en festín sen mácula.
No gume do estrés as ratas seleccionan os restos orgánicos e a memoria dos vencidos.
Escollen o aguacate,
a persea americana que chega dende o sur, empoleirada nos pómulos da besta.
Froito ou onda invencible de pel escura e de palabras.
As ratas perforan o plástico e penetran no corazón do esterco. O estrés non lles impide
escoitar o alento dos homes lixo, os pasos, o motor do camión, as voces,
o ruxe ruxe das lembranzas. Os pasos e as palabras teñen a pel escura do aguacate
e soñan en inglés, confiando na bondade do imperio que os redimirá da noite,
do infortunio das ratas, da saudade,
do sacrificio matinal do abelorio e da carne.
Yes I can, repiten. I can, I want, I like. I want, I can, I like.
Salmodia do deserto.
Os desterrados percorren as rúas convivindo co estrés,
co rillar das sombras.

O RATO E A LÚA

A poesía infantil prodúceme fascinación e admiro profundamente a quen a escribe. Meréceme moito respecto e paréceme que, na súa aparente sinxeleza, debe conxugar elementos que non é doado harmonizar.

Rato e lúaAo meu xuízo, quen a escriba, debe facer unha proposta inocente, pero sen renunciar á fondura. Os versos poderán rimar ou non, pero non se prescindirá do ritmo e da música, sendo a rima, de habela, perfecta, e o poema no seu conxunto sonoro e cadencioso. A actitude da ou do poeta será de complicidade, con disposición e ánimo de xogar, tendo en conta a idade e a complexidade da linguaxe dos destinatarios, elaborando metáforas suxestivas e ocorrentes. Brillante e luminoso, imaxinativo, divertido e máxico, expresivo e dinámico, doado de memorizar, así ten que resultar o poema ao meu xuízo, procurando a simetría e a precisión na estrofa. Doado? Para min é o exercicio literario máis difícil que coñezo.

En Galicia temos tradición en poesía infantil, con nomes importantes, uns dedicados en exclusividade á literatura infantil e xuvenil e outros que, de cando en vez, ollan para ese universo marabilloso no que se inician e se forman os lectores: Anisia Miranda, Manuel María, Helena Villar, Xesús Rábade Paredes, Rosalía Morlán, Marica Campo, Fran Alonso, Ana María Fernández, Xoán Babarro, Concha Blanco, María Canosa, Gloria Sánchez, Xoán Neira ou Antón Cortizas… as nóminas sempre son inxustas, xa que sempre falta alguén. Están, tamén, as incursións de Pepe Álvarez Cáccamo, Rafa Villar, Marilar Aleixandre ou Yolanda Castaño, poño por caso, pero nesta relación falta un nome, para min principal, Antonio García Teijeiro.

Lin estes días o libro de Antonio Un rato díxolle á lúa (Edicións Xerais), antoloxía elaborada por Fran Alonso, autor dun fermoso limiar, e ilustrada por Xosé Cobas, quen a través das súas imaxes propón un paseo polo sutil mundo dos soños.

Que veña o vento fungón
que lle quero preguntar
a cor dos ollos das nubes,
a cor dos ollos do mar.
Eu coido que son azuis,
verdes, grises, de cristal.
mais calquera cor que teñan
será sempre a cor da paz.
Antonio reúne todas as características ás que fago referencia, e máis. É el un rimador sutil, viaxante de versos, perito en lúas, que diría Miguel Hernández e en soños, moderno trobador que, durante anos, percorreu a xeografía do seu país, e outras, recitando, cantando e soñando con rapazas e rapaces do mundo. Un paxaro soñador, así é.
E levaba no peteiro,
paxariño soñador,
unhas follas de loureiro
e tres pétalos de flor.
Que belido este paxaro,
paxariño soñador,
que levaba aos seus filliños
aloumiños de calor!
Ai que tenro este paxaro,
paxariño soñador,
tanto ten que sexas corvo,
cotovía ou reiseñor!
Recoñecido fóra de Galicia, o seu libro Na fogueria dos versos, premio Merlín do ano 1996, foi galardoado co Premio Pier Paolo Vergerio en 1998 e nese mesmo ano entrou a formar parte da lista de honra do IBBY.

AGT

Un rato díxolle á lúa toma o título dun poema do libro A sombra do lueiro de papel. Máis de 100 son os poemas recollidos por Fran Alonso, entre 22 libros de Antonio.

Un rato díxolle á lúa:
-Nunca reparas en min;
por iso vivo na rúa
metido nun calcetín.
Ela fitouno abraiada.
Déronlle ganas de rir.
Daquela apagou a lámpada
e dispúxose a durmir.
Polo desprezo da lúa,
o ratiño, alporizado,
berroulle con moita forza:
-Xa non estou namorado!
Paz, aloumiños, nenos, cans, gatos, chuvia, mar, pombas, música, sol, lúa, vento, río, todo o que nos rodea é obxecto de poesía para Antonio que, ademais, a través de varios poemas, propón unha fermosa iniciación a Bob Dylan, para el un dos xenios creadores máis importantes dende o seu punto de vista. Este que segue aparece dedicado ao cantante de Minnesota.

O libro acompáñase dun CD coas cancións que Paco Ibáñez compuxo a partir dos seus versos: O vento dorme, Que ocorre na terra? e Pomba e que Antonio tamén recita.

Cunha guitarra na man
cantou o cambio dos tempos.
Buscou respostas na rúa.
Viunas soprando no vento.

Noutra entrada anterior desta bitácora podedes escoitar a canción Que ocorre na terra?, un dos clásicos de Paco Ibáñez, que inclúe no repertorio de todos os seus concertos:

http://fernandeznaval.blogaliza.org/2014/04/09/paco-ibanez-canta-en-galego/

Agora deixo aquí as outras dúas nas que canta en galego, a partir dos versos de Antonio, Pomba, primeiro, con el de axudante:

e O vento dorme, e sempre Antonio facendo de atril:

VERSOS E ALOUMIÑOS

Hai algún tempo, o meu amigo Antonio García Teijeiro, de quen falo e a quen cito no artigo anterior, pediume un texto relacionado coa creación poética. Andaba eu dándolle voltas ao curioso que resulta o nacemento de verso primeiro e escribín isto que publica agora no seu blog, Versos e Aloumiños, importante bitácora, con máis de 107.000 entradas.

O texto que precede o meu é froito desa amizade. Deixo aquí o enlace por se alguén quere compartilo.

http://garciateijeiro.blogspot.com.es/2015/02/a-luz-das-palabras-44-francisco-x.html

 

BOB DYLAN E DIANA KRALL

Levo días tentando publicar este artigo, pero non era quen. Algo mudou no xeito de publicar vídeos. A ver se vai desta, agora que aprendín de novo, porque dende finais de xaneiro, é a terceira vez que o escribo.

Quería falar de dúas novidades discográficas ben interesantes, que foron noticia a semana pasada. Os novos discos de Bob Dylan e de Diana Krall, tan vinculados entre eles, aínda que en principio non o pareza.

Bob Dylan rende homenaxe a Frank Sinatra neste Shadows in the Night, do que o meu amigo Antonio García Teijeiro, no seu blog Versos e Aloumiños, escribiu: “Paréceme un proxecto interesante. Frank Sinatra é un dos artistas máis significativos do século XX. Un descoñecido para a maioría, que só queda nas súas posibles relacións coa mafia, coa súa fermosa voz e coas interpretacións de “My way” ou “Strangers in the night”. Moitos descoñecen os seus magníficos discos de jazz, nos que cantou cos máis grandes instrumentistas do xénero. E, agora, Bob Dylan descobre algúns temas interpretados polo crooner por excelencia e dá unha volta máis no seu repertorio musical incluíndoos nun disco.  Para min, un verdadeiro pracer. Escoitei xa dúas das dez cancións: “Full Moon & Empty Arms” e “Stay With Me”. Gustáronme. É outro Dylan. Aplaudo a iniciativa dylaniana. Un xiro puntual, un descanso no seu labor compositivo, un reto encantador.”

Non teño moito máis que engadir, porque coincido con todo o que el di. Velaí queda este Full Moon And Empty Arms, que forma parte do disco:

Diana Krall, cantante, pianista e compositora, é a música de jazz de máis prestixio na actualidade, a quen sigo dende hai anos. Os seus discos fanme moita compañía nas viaxes solitarias que fago ao longo do ano, dun punto a outro da xeografía do país. Ten un “Bésame mucho”, cantado en español con acento canadiano, ben curioso.

O novo disco titúlase Wallflowers e recolle cancións dos anos 60, que forman parte da nosa educación sentimental. Temas de The Mamas and the Papas, Eagles, Elton John ou un inédito de Paul McCartney titulado “If I take you home tonight”, forman parte do disco, no que destaca a canción que lle dá o título, “Wallflowers”, composta por Bob Dylan en 1971. En 1973 gravouna Dough Sahm, con Dylan formando parte dos coros. El non a incluiría no seu repertorio ata 20 anos despois.

 

NO ESTUDIO DO PINTOR XULIO GARCÍA RIVAS

Xulio 1A semana pasada visitamos o estudio de Xulio García Rivas. Digo visitamos, porque alá fomos Maribel e máis eu e dela, claro, son estas fotografías. Nestes últimos meses foron moitos os vínculos que fixeron que os nosos pasos se cruzasen cos de Xulio: amizades compartidas, como Sole Pita, Pedro Ávila Durán ou Antonio García Teijeiro, os espazos e actos aos que acudimos, ou o feito de seren cuñados el, Fernando Alonso Romero e María Castroviejo.

Ascendemos con ánimo, pero sen présa, os cinco andares sen ascensor, que levan ata a atalaia onde nos agarda un mundo, o mundo, diría eu. Pedíranos ir cedo pola luz, quería que vísemos a terraza e o seu ámbito. Polos cadros o da luz do día daba igual, porque el pinta con luz artificial. Tamén os pintores poderían clasificarse así, nos di cando chegamos: os que só pintan con luz natural e os que sempre o fan con luz artificial. El pertence ao segundo grupo.

Xulio 3

Son cativos os espazos do estudio e, malia isto, os cadros dan sensación de infinito, pero tamén están transcendidos de luz, aínda os máis escuros, malia ser pintados con luz artificial.

Xulio 4Xulio vainos amosando as obras que levará á exposición no pazo da cultura de Carballo o día 29 de xaneiro; tamén algúns dos que colgará na galería Atlántica da Coruña no verán. Variados formatos, diversas técnicas e múltiples sensacións. Transitamos por xardíns orientais, escoitamos cantar os xílgaros, contemplamos o voar das andoriñas, paseamos pola beira dun río, sentamos na beirada a contemplar unha treboada na Costa da Morte. O mundo de Xulio é a emoción, pero tamén a auga, a que emprega e destila nos seus cadros e a que suxire, auga que flúe, fertilidade, orixe.

Admiro o centro baleiro deses cadros compostos en tons brancos, grises e negros. Lémbranme a Valente e así llo digo, invocando o texto “Segunda variación en lo oblicuo” incluído no libro El fin de la edad de plata, que fala do emperador e pintor Hui-Tsung: ni el ave ni la flor pueden ser centro, sino tan sólo indicación del centro o guía del ojo que los mira para alcanzar la forma no visible en que el ave y la flor no están inscritos.

Paisaxe para Courbet

Paisaxe para Courbet

Discrepamos sobre o que evocamos cada un diante de Paisaxe para Courbet, cadro de gran formato, acrílico sobre madeira, ao que el deu forma a partir dunha paisaxe que cruza cada día, baixando cara Arteixo pola autoestrada de Carballo. Eu dígolle que en min suxire unha paisaxe africana e agora, escribindo isto, podo engadir que nel recoñecín as paisaxes que a miña imaxinación ía construíndo cando lía O caderno dourado de Doris Lessing, en concreto, a parte que recrea a historia de Anna Wulf en Rodesia, durante a Segunda Guerra Mundial. Amósanos, tamén, a primeira saba que pintou, como sen querer, e que foi fonte dun novo proxecto que reúne, xa, catorce obras elaboradas sobre este soporte.

XGR.2

Escribín eu un poema para o catálogo da exposición de Carballo, que lerei alí, o día 29, na inauguración. Escribino antes de ver os cadros que alumearán a sala e, malia iso, penso que agora, vistos todos, non cambiaría un só verso, porque Xulio é pintor capaz de dar xeito, coas súas propostas, ao soño ou á emoción do espectador, xerándose un fluído e producíndose unha transferencia emotiva que adquire a condición de potencia creadora para quen pinta e para quen mira. Este é o poema:

SON
                   A Xulio García Rivas
Son e non son
lombos de balea,
perfil de trebón,
flor que treme apenas
suspendida do baleiro das furnas.
Son e non son
presaxios, alento de ardentía,
saloucos dun océano
que cada día agoniza
no ronsel do crepúsculo.
Son e non son
preludios, esquecidas lembranzas
no alboio dos días,
canto de xílgaros
que ascende na hora enfebrecida
dunha mañá de agoiros.
Son e non son
ollos de vento que agarima a caluga
do pintor que espreita
dende a atalaia dos versos
e dos soños.
Son e non son
a luada que emerxe do corazón alado,
nimbos que medran
nos ángulos do infindo,
nese lugar escuro
onde o sol se derrama
para nacer de novo
nun albor sen sombra.
Son e non son
esa ansia común de beleza
e harmonía, a música das augas,
o devezo feliz dun instante sen tempo.
Son o compás do silencio,
o sorriso de Xulio, o equilibro sutil
do que nos é entregado.
Son o que eu poida sentir,
chuvia nos meus gromos,
nunha aperta de luz.

LA PÁGINA ESCRITA

Nas páxinas 68 e 69, do número deste mes de xullo, da revista La página escrita, da Fundación Jordi Sierra i Fabra, publican en castelán un artigo meu sobre a relación cos libros, titulado: También los libros.

Esta revista é unha das referencias en literatura infantil e xuvenil no ámbito da lingua castelá. Deixo o enlace por se a alguén lle interesa lelo.

No taller das letras da Fundación, publícase tamén unha antoloxía infantil en castelán do mestre e amigo Antonio García Teijeiro, titulada Desde mi voz, seleccionada por María Jesús Fernández Domínguez e Alba Piñeiro Estévez.

http://www.lapaginaescrita.com/wp-content/plugins/custom-content-library/magazine/2014/08/#page/68