TRÍO MOLIMO

Se escribo “molimo” no buscador do ordenador, descubro que é un instrumento musical pigmeo, unha sorte de trompeta que pode ser de metal ou de madeira, pero tamén unha cerimonia que dura varios meses, durante a que, cada noite, os homes cantan arredor do lume mentres as mulleres e os nenos dormen e, ao seu canto, responde Molimo, o animal da selva, imitando e reproducindo os sons dos animais e do bosque.

Molimo é o nome que Cova Villegas, Chefa Alonso e Bárbara Meyer decidiron para o trío que forman e para o seu primeiro disco. Improvisación, jazz libre en estado puro, tecido cos fíos da sabedoría e sensibilidade das tres: mulleres, lúas, auga e terra.

TRIO MOLIMO ©ml16Filloa Jazz 9782

O disco presentouse onte no pub Filloa da Coruña. Non é a primeira presentación, están en ruta, levando a súa proposta dunha cidade a outra. Nel Cova achega a súa voz, ben formada e cada vez cunha maior variedade de rexistros. Chefa séntase diante da súa “percusión menuda, menuda percusión” que di sempre que a presenta o poeta Víctor M. Díez, pero tamén toca o kechapi e o saxo tenor. Bárbara Meyer achega á formación o chelo.

Escoitándoas un séntese transportado sobre brillos e sílabas de son que forman palabras misteriosas e, ao tempo, sinxelos e orixinais ecos do primixenio. Cova canta nunha lingua da que semella ser a primeira ou a última falante, lingua do corazón da natureza e da vida. Chefa acada momentos intensísimos de expresión con cada un dos tres instrumentos que interpreta. Bárbara mergúllase no corazón do chelo na procura de sentimentos e emocións.

Producido por Vecto Sounds, este disco é unha singularidade excepcional que recomendo.

SILVIO RODRÍGUEZ

Silvio 3

César Morán, na súa páxina de facebook, cualifica de apoteótico o concerto de Silvio Rodríguez, o pasado venres, na Coruña. Milleiros de persoas chegadas de toda Galicia, case dúas horas e media de concerto, con 8 bises. Chamoume a atención que tamén el tirase fotos do público, como se quixese gardar lembranza dun momento especial, el que tantos viviría sobre o escenario.

Silvio 2

Excepcional o grupo que o acompaña e co que se atreve a interpretar a suite completa da Muller con sombreiro, formada por catro cancións e que ata esta xira nunca interpretara. Segundo el dixo, é a calidade do grupo de jazz que viaxa con el o que o animou a incluír a suite completa no repertorio.Silvio 1

Falou de moitas cousas, de García Márquez, da vida e da morte, tamén do poeta cubano, morto tan novo, Rubén Martínez Villena.

Silvio 4

Gústame a música e son moitos os músicos aos que quero e dos que aprendín cancións. Porén, son poucos os que deixaron pegada na miña vida. Entre os anos 1979-1980, Silvio Rodríguez cambiou o aire dos meus días, con varias cancións, as primeiras que coñeciamos del, Ojalá, pero sobre todo Óleo de mujer con sombrero. Sempre estarei en débeda con el, aínda que non o saiba, cambioume a vida, e o outro día, cando lla escoitei cantar de novo, emocioneime.

Dicir que Silvio Rodríguez, con interese e xenerosidade, colaborou no libro Entremiradas II -Cuba-Galicia- de Maribel Longueira, autora das fotos que acompañan esta sucinta referencia a un momento tan particular.

Silvio 6

O público cantaba as súas cancións, o que sempre impresiona. Rematou co Unicornio azul. Beatriz García Trillo, antes do concerto, nunha mensaxe de whatsapp, non podendo acudir, pedíame compartir unha bágoa cando cantase esta canción. Por ti, Bea:

 

WARUM

WARUM en alemán significa: por que?

Quizais logo de To Our Countries, teña sentido está pregunta traducida a música, íntima, que agroma do mellor que temos, do mellor que somos.

Podería valer para nos preguntar pola guerra, polo exilio, pola emigración, pero tamén polas perdas dos seres queridos, pola dexeneración do ser, polo extravío da memoria, polos amores perdidos e os non vividos, polas amizades arrombadas.

Warum, de Robert Schumann

TO OUR COUNTRIES

Quizais xa coñezades este vídeo. A min impresionoume. Dúas irmás, Faia (canto) e Rihan (recitado) Younan, percorren coas súas voces o territorio de Medio Oriente, a guerra imposta, a desolación e a morte.

Fermosísimo vídeo realizado en Suecia por un grupo de estudantes procedentes de Siria, Líbano, Palestina e Irak, con músicas de distinta orixe, algunha ben próxima a nós e que resulta sorprendente cando se escoita cantar en árabe.

Como exemplo de convivencia e paz, o vídeo remata co canto MAWTINI ou MEU PAÍS, himno nacional de Irak, composto por un músico libanés e escrito, en 1934, por un palestino.

LA NUIT DE L’IMPROVISATION

Foi Silvia, a filla de Olga e de Gumersindo Álvarez, -o amigo co que empecei a escribir e que ten categoría propia neste blog-, quen pensou nos meus poemas para que o músico Thierry Escaich realizase unha improvisación musical coa que participar na “noite da improvisación” organizada por France Musique, en colaboración co Conservatorio Nacional Superior de Música e Danza de París, onde estuda Silvia.

Escolleu ela poemas de Ara Solis, por teren tradución en francés. A composición de Thierry Escaich, así como fragmentos da entrevista realizada por Silvia, poden escoitarse aquí. O texto final é o da información recollida na páxina do Conservatorio.

Thierry Escaich é un dos grandes compositores franceses contemporáneos. Escoitar esa música que bebe naqueles versos, é para min unha emoción que quero compartir.

http://www.conservatoiredeparis.fr/nc/voir-et-entendre/enregistrements/article/jusquau-bout-de-limpro-portraits-dimproviseurs/

Six portraits de six artistes de 6’ chacun environ, (Sylvie Berthomé, Médéric Collignon, Thierry Escaich, Riccardo Del Fra, Vincent Le Quang, Alexandros Markeas) tous professionnels de l’improvisation et enseignants au Conservatoire national supérieur de musique et de danse de Paris.

Sur une idée initiée par le Conservatoire, grâce à une riche collaboration avec Anne Montaron, ces portraits ont été réalisés par six duos associant un élève de la classe des Métiers de la culture musicale (professeur, Lucie Kayas) à un élève de la Formation supérieure aux métiers du son (Alexandre Tanguy, Denis Vautrin).

Six séquences qui permettront de passer d’une improvisation à l’autre de cette folle nuit organisée par France Musique en partenariat avec le Conservatoire national supérieur de musique et de danse de Paris : « Jusqu’au bout de l’impro ».

L’évènement sera diffusé en direct sur www.conservatoiredeparis.fr et surwww.francemusique.fr.

Inscrivez-vous à l’évènement sur Facebook

Tous les détails de l’évènement dans l’agenda

  1. Vincent Lê Quang, enregistré par Georges Ledoux, Anaïs Georgel et Colin Lardier
  2. Thierry Escaich, enregistré par Silvia Alvarez, Alexandre Laurent et Julie Grisel
  3. Médéric Collignon, enregistré par Léo Duprey et Simon Becquet
  4. Riccardo Del Fra, enregistré par Pierre Dutilleux et Valentin Bauer
  5. Sylvie Berthomé, enregistrée par Nastasia Matignon et Alice Ragon
  6. Alexandros Markeas, enregistré par Lucie Kayas et Paul Alkhallaf

2016: LOVE IS

Meu amigo Tacho, como continuación da entrada Polos vellos tempos, mándame o enlace a esta canción Love Is, de Rod Stewart, interpretada por un músico de 70 anos, pero cheo de vitalidade, que canta dende a terraza do edificio Capitol Records de Hollywood, acompañando o solpor.

Tacho considera que é un tema que reborda alegría, cun ritmo de media marcha, con aires irlandeses e uns coros moi efectistas. Mentres cae o sol, Rod segue preguntándose polo amor e lembrando aquela moza que lle dixo: ti sabes que somos mozos para iso. O anterior, tan ben dito e tan fermoso e tan ben dito, está escrito por Tacho, ao que eu sempre lle digo que debería escribir.

Fermoso este LOVE IS para despedir o ano, aquí o comparto (non deixa velo directamente pero convida a ir a YouTube e alí, sen problema). Debaixo queda a letra en inglés. Pois iso, Polo 2016 e polo amor. LOVE IS…

And so you come to me with your questions
On a subject on which I’m well-versed
Though I’m still as dumbfounded as the first time I found her
It’s either a blessing or a curse
Although I cannot offer solutions
It would be reckless of me to try
Cause it’s mystified man ever since time began
But hold on to your hat and I’ll try

Love is like a burning arrow
It can pierce the coldest heart
Love is warm, love is patient
And the craziest thing you’ll ever start
All right

I recall when I was a young man
A day I’m never allowed to forget
There was a girl that I met who I dreamed I would wed
Forever our lives entwined
She said “you gotta stop worrying about the future”
“You know we’re far too young for that”
“I wanna spread my wings like a willow in the spring”
I never saw her pretty face again

Love is life, love is yearning
It does not boast, but speaks the truth
Love is fair and knows no boundaries
And the craziest thing you’ll ever do
Oh, yeah

I wish you well in all of your travels
And may you find what you’re searching for
It’ll hit you like thunder when you find one another
And stay in your heart forevermore

Love is like a four-leaf clover
Hard to find and hold onto
Love is blind, love is tender
And the craziest thing you’ll ever do
So crazy

 

MARIA TORO

Onte, acudindo a unha suxestión de Boli, achegámonos a última hora ao Bâ-Bâ, un deses bares da cidade nos que aínda é posible escoitar música en directo. A chamada era asistir ao concerto dun cuarteto, liderado por María Toro, coa súa frauta, na que se interpretarían variacións de temas flamencos.

Antes de empezar soubemos algo da súa traxectoria, que completei na casa coa información lida nesta páxina:

http://www.premiosdelamusicaindependiente.com/candidatura/maria-toro

O concerto resultou extraordinario: na calidade dos músicos; nos temas interpretados uns do último disco de María A contraluz, e outros presentados por primeira vez; na xenerosidade no esforzo dos catro, no tempo que tocaron.

Para a ocasión María formou o cuarteto con tres músicos fantásticos: Iago Mouriño no teclado, Pablo Pérez Sanmamed no contrabaixo e Bruno Couceiro na batería.

O público que ateigaba a sala coincidía na fortuna de despedir o ano nunha festa coma esa.

Non é a formación de onte, pero si María e un dos seus temas:

POLOS VELLOS TEMPOS

Onte, sábado 26, logo de moito tempo sen coincidir, atopámonos en Ourense Rafa, Vicente e máis eu. Os tres somos amigos dende nenos e a amizade mantívose sen dúbidas nin equívocos dende hai case 50 anos. Con eles compartín a educación sentimental da vida, dende a nenez á xuventude. Quizais o nexo común sexa Rafa, sempre no centro, como na foto. Eu fun compañeiro del xa en primeiro de bacharelato e por el coñecín a Vicente, que estudaba o mesmo curso ca nós, no mesmo colexio, pero en diferente clase. Logo, a partir dun momento, coa fusión de aulas, xa o compartimos todo. Hoxe vivimos cada un nunha cidade e Rafa segue sendo o nexo, o vértice desa amizade que nos emociona. Esta tarde volvía para A Coruña e chamou Vicente, xa en Madrid, porque tiña saudade do encontro de onte. Non o puiden atender, pero falei con el logo, xa na casa.

Con Rafa e Vicente

Os amigos. Onte pola tarde, en Oira, coa nai, logo de tomar un café e pasear o Ourense de Nadal, prendín o ordenador e levado tamén eu pola emoción do encontro da mañá, e pola ausencia de dúas persoas marabillosas coas que compartín parte da vida e que se foron nos últimos catro meses: Carmiña Otero e Pepe Fernández Ferreiro, busquei a canción Auld Lang Syne, esa que fala dos vellos tempos e da amizade. A canción foi moi empregada polo cine, de feito con ela remata Que fermoso é vivir! de Frank Capra. Ese exceso de uso quizais a vulgarizou ou fixo dela un lugar común. Pero hai que saber que é canción tradicional escocesa, coa súa historia. A composición atribúeselle ao poeta escocés Robert Burns, quen a escribiu en 1788 para acompañar a unha melodía tradicional anónima e que non tiña letra. O primeiro verso e o refrán aparecen xa nun poema datado en 1711, escrito por outro poeta, Jame Watson, pero a letra da canción considérase cousa de Burns.

mamaO caso é que buscando en YouTube algunha versión que me gustase, din coa de Rod Stewart, nun concerto no castelo de Stirling, a antiga capital de Escocia, no ano 2012. Entón, achegóuseme a miña nai e preguntoume como era que estaba escoitando aquela canción. “E unha canción ben antiga”, dixo. Eu pregunteille se a coñecía polo cine, ao cabo ela debeu ver máis cine ca min, porque sendo noiva do meu pai, entraba no Xesteira cantas veces quería. Pero para a miña sorpresa dixo que non, que a canción escoitábase na casa cando ela era nena, porque a interpretaba a banda de música de Rivela, que dirixía meu avó. Daquela, cantaruxouna completa.

Podo dubidar da memoria recente da miña nai, pero cústame facelo da dos vellos tempos. Meu avó estivo en Cuba entre o ano 1919 e 1928. Daquela xa era músico. Contaban os irmáns Cudeiro, dous músicos que nos anos oitenta interpretaban jazz nos pubs de Ourense, case con 70 anos, e que foran os números máis novos da banda do meu avó, que el trouxo de Cuba músicas modernas, dicían que, entre outras, pezas de jazz. Puido traer, tamén, ese Auld Lang Syne con que os estadounidenses despiden o ano? Non o sei. De ser que si, a banda interpretaría só a versión musical? A miña nai ten unha memoria prodixiosa para as cancións, tanto para a música como para a letra. Polo si, ou polo non, como aperta de amizade, deixo aquí a versión de Rod Stewart que motivou o comentario da nai. Polos vellos tempos e polos tempos que virán! Por aqueles cos que compartimos a vida e por aqueles cos que a imos compartir!

En YouTube hai versións en escocés.

FANTASÍA

Queridas e queridos todos: Buscando calor que alivie o frío que sinto nun recuncho do corazón, deixo dous agasallos: un breve fragmento da novela nova e unha peza musical que aparece como referencia varias veces nela, compañía que procuro, porque desa peza aliméntase o ritmo e o ton dalgunhas pasaxes e porque a min ese violoncelo prodúceme acougo. A peza é “Fantasía” de Fanny Mendelssohn.

A novela avanza lentamente cara as 200 páxinas. Quizais vai pola metade.

Cos meus mellores desexos para estas festas, sempre tan complexas.

Nora pretendía manter vivo o español aprendido nos anos vividos en Oaxaca. Tocaba o violoncelo, cello dicía ela, e cada mañá, cando Alma se aproximaba á casa, pola fiestra entreaberta da sala de estar, chegaban ata ela os acordes dalgunha peza de Fanny Mendelssohn ou da compositora mexicana Graciela Agudelo.

Parecíalle unha muller admirable. De personalidade decidida e forte, coidaba o seu pelo longo, noutrora negro acibeche e agora abrancazado, que peiteaba moitas veces e recollía nunha coleta, como fan moitas mulleres mexicanas. Coidaba o seu pelo como quen coida un xardín, pensaba Alma. Recoñecía que todas as tardes, contra o serán, bebía un vasiño de mezcal e fumaba un cigarro delgado e pequeno, feito con follas de tabaco. Íalle ben para a tensión, afirmaba, aínda que logo recoñecía que a tensión a tiña ben e que bebía e fumaba por gusto. A relación con Alma era de mañá, pero esta comprobara que o do mezcal e o do cigarro era certo algún serán de sábado no que quedaran para iren ao cine, ao teatro ou a algún concerto, aos que sempre convidaba Nora. Ían a Broodway, ao corazón do espectáculo dicía Nora, quen gozaba coas luces, cos disfraces de Watman, Superman ou Spiderman con que se fotografaban os turistas, coas bandas que interpretaban marchas militares, cos faquires e cos mariachis, coas mulleres e homes anuncio. Anoxábana as mozas espidas co corpo pintado coas barras e estrelas da bandeira e o escudo do capitán América debuxado nas mamilas, convidando aos homes a locales de streap-tease.

  • Gústanme os corpos espidos, pero non a explotación comercial e patriótica –sentenciaba.

Tocaba descalza. Necesitaba sentir nos pés a vibración do planeta, a forza telúrica da orixe, de Pangea, dicía, o continente primeiro que reunía as terras orixinarias sobre a que abrollaron os primeiros gromos. E rían cando Alma apuntaba que quizais o que percibía na palma e nas dedas dos pés, non era máis ca vibración subterránea do metro. Nora tiña unha risa sonora e franca, ría coa boca moi aberta, botando a cabeza cara atrás, como entregándose. Cando se dispuña a tocar, sentaba na cadeira e arremangaba a saia por riba do xeonllos, para logo afirmar o cello entre as coxas. Nese momento a Alma gustaríalle apertala, agarimala, porque era moita a tenrura que lle causaban a súa naturalidade e a súa pel morena e suave, o seu xeito firme e delicado de empuñar o arco e de tocar. Afirmaba que a expresión musical do cello está intimamente ligada ao arco. Perseguía o que ela denominaba dobre audición, escoitar as vibracións directas que recibía do instrumento e procurar a resonancia do son no espazo e dentro dela. Daquela imaxinaba a música en toda a súa sutileza e riqueza de detalles. A isto chamáballe canto interior.

……………………………………………………………………………………………………..

O repertorio musical de Nora estaba formado por música de mulleres. Os fermosos concertos das mulleres sen voz, dicía. Consideraba que o silencio imposto sobre as composicións musicais femininas, era a mellor metáfora do papel atribuído a estas nas sociedades burguesas e que aínda se lles reservaba na sociedade moderna do século XXI.

  • Sal aí fóra e pregunta cantas mulleres compositoras coñece a xente -incitaba.

Alma pensou na colección de cen discos de música clásica que tiña na casa, en Galicia, e na que, de non se enganar, non había unha soa composición de muller. Mercara a colección pola garantía que supoñía para ela a selección de obras feita por un selo de tanto prestixio na música clásica como Deutsche Grammophon, pero agora comprendía que se equivocara. Polas mañás non tiñan moito tempo, pero entre os minutos roubados ás clases de conversación e os seráns dos sábados, Alma achegouse á música dunha Alma coma ela, Alma Mahler, tamén a Lili Boulanger, Iluminada Pérez, Clara Wieck ou Clara Schumann, Fanny Mendelssohn, Nannerl Mozart, María de Alvear, Manranne von Martínez, Kaija Saariaho ou as compositoras mexicanas Graciela Agudelo, Cecilia Medina ou Leticia Armijo. Aquel era un mundo novo que a fascinou. Representaba o ritmo feminino do tempo, a emoción expresada en cadencia de muller.

  • Nunca interpretas música composta por homes? –preguntou unha vez Alma.

  • Pensas que son tan estúpida e arrogante coma eles? Como non gozar do voso Pau Casals ou do repertorio para cello de Dvorak ou Elgar? –respondeu Nora con certa arrogancia.

BRAIS MORÁN: CRUZANDO O ECLIPSE

cruzando_eclipse_brais_moranÉ novidade a edición do primeiro disco en solitario de Brais Morán, titulado Cruzando o eclipse. Trece temas caracterizados pola forza e a enerxía, gravados nos Estudios Abrigueiro de Friol. Colaboran nel: Fran Pérez, Cláudia Morán, Belém tajes, Arturo Vaquero e o coro de nenas e nenos de 2º A do CEIP de Arteixo no tema número 12: En paz, acaso o máis emblemático dos 13 que forman o disco. Síntome contento de participar no crowdfunding que o fixo posible. Recibino onte e veño de escoitarlo agora por primeira vez, antes de escribir esta breve reseña.

Gústanme estas palabras de Brais recollidas no interior:

Despois de todo, formo parte da esperanza dunha xeración cansada que acredita no futuro, sabendo que “todo” de nós depende no presente. Isto mesmo é o que move a miña música. 

Grazas con toda a alma e que vaia pra todos na lingua desta terra. 

O disco vai dedicado, de maneira especial, a César Morán, seu pai, amigo co que vivín tantos actos poéticos, porque adoita acompañarnos sempre que pode, só, ou en compañía de outros, en particular de Xosé Taboada.