MONTE PINDO VELLA INSCRICIÓN

Subimos outra volta ao Monte Pindo. A intención era ver esa inscrición que apareceu hai poucas semanas no espazo da capela da Moa. Fomos Fernando Alonso Romero, María Tilve, Lino Lema, as dúas cadelas: Xida e Torga e eu. O nome de Xida provén da Arxina, a lingua dos canteiros de Pontevedra, que canteiro foi o avó de María, e significa: bonita, fermosa, boa, e así é ela. Saímos tarde e subimos pola cara interior, dende Fieiro. Faltaban dous minutos para as 12 cando empezamos a camiñar.

O lugar dos encantos

O lugar dos encantos

O día estaba bo, sen frío, só unha néboa inconstante nos amolaba ás veces, pero nunca nos impediu ter visibilidade abonda como para continuar a ascensión. Ao pasar, Fernando recoñeceu un lugar no que, hai moitos anos, Xan Louro lle contou que era un dos espazos onde sucedían os encantos, aquilo de que unha fada, cos cabelos rubios e peite de ouro, senta nunha pedra, peitea o pelo e agarda que pase alguén por ver se a desencanta. Malia estar dispostos a intentalo, non apareceu.

Cabaña ao pé da Moa

Cabaña ao pé da Moa

A inscrición está difícil de ver, no chan, moi lonxe do lugar onde nós buscabamos. NoCoviña forno moa esforzo por atopala demos coa vellaxa recollida no seu día por Barreiro Barral, e outra nunha das pedras amoreadas na ruína do que foi capela. Xantamos e decidimos subir á Moa, por ver de distanciarnos e que a procura non se volvese obsesión, coa idea de regresar para seguir buscando o que era motivo da excursión. Dende arriba chamei a Mario Maceiras, secretario da Asociación Monte Pindo Parque Natural, quen nos deu instrucións sobre onde podiamos vela.

A visión dende arriba era fermosa, na mestura de sol e brétema que a paisaxe conxugaba. Tamén paramos nun perímetro de pedra, que Fernando e Luis Monteagudo consideraron sempre un dos vestixios de primeira vivenda do home, nun tempo antigo, difícil de precisar sen escavación.

Panorámica dende a Moa

Panorámica dende a Moa

Forno da MoaRegresamos e buscamos con afán e teimudos, agora tomando como referencia o Forno da Moa, esa pequena gruta onde se pensou sempre que habitou un ermitán nos primeiros tempos do cristianismo na vella Gallaecia. Atopamos unha coviña que non viramos antes, pero a inscrición seguía sen aparecer. Por fin deu con ela Fernando. A auga da chuvia sobre a pedra e a néboa que eliminaba a sombra dos relevos, dificultaban moito a visión. Complicado recollela en foto, non na memoria. Tomamos, iso si, nota dos elementos que a forman e medímola.

Pedra da inscrición

Pedra da inscrición

Na baixada  atopamos muros que non viramos noutras ocasións e outros restos de cabanas, un deles que debeu ser importante, con casa rectangular e outras máis pequenas que deberon ser cortes.

Conxunto cabana e cortes

Conxunto cabana e cortes

Chegamos aos coches ás seis da tarde, logo de 6 horas camiñando. Por entre os fíos de néboa vimos asomar a lúa.

As nosas compañeiras, respectando o almorzo

As nosas compañeiras, respectando o almorzo

Exploradores con Xida, ao pé dun dos muros.

Exploradores con Xida, ao pé dun dos muros.

(Todas as fotografías son miñas, agás esta última dos exploradores, que é de Lino Lema)

Unha reflexión sobre “MONTE PINDO VELLA INSCRICIÓN

  1. Por exemplo, na posible area de entrada. Unha importante muralla duns 2 ou 2 e pico metros de ancho pecha o acceso ao conecido coma o Campo dos Coellos de Abaixo. Nunha area estreita por onde avanza o camino natural ao monte observamos aterrazamentos e fortificacions de cachote pechando o acceso a area. Aqui podedes ver a topografia do lugar.

Os comentarios están pechados.