EMPORCARTE

Emporcarte é unha iniciativa do concello de Lalín quen, cada ano, convoca aos artistas de Lalín Entroido 1todo o país a participar nunha mostra colectiva arredor do porco e do cocido en días de Entroido. Fomos por primeira vez o ano pasado, da man do pintor Xulio García Rivas, quen nos fixo coincidir alí con Antonio García Teijeiro e Susi.

O sábado alá fomos outra vez, en día frío e chuvioso. Esta vez tamén participaba Maribel con dúas fotos que, malia o motivo, resultaron moi modernas: unha de grelos e outra de porco. Desta volta tamén foi Alba, amiga de Antonio e Susi, e Javier, o fillo de Xulio.

Con Acisclo

Con Acisclo

Atopamos moitos outros amigos alí: Soledad Penalta, Acisclo Manzano ou Isabel Blanco, que tamén expoñían obra. Tal e como aconteceu o ano pasado, a hora da inauguración coincidiu cunha particular sesión vermú, na que mozos e homes se disfrazan de mulleres e acoden todos ao mesmo local. Vimos de novo a Celso Sanmartín, o poeta e contador, moi no seu papel de moza, lucindo espléndidas pernas que, como nos explicou, víamos fortes porque estaban afeitas a andar no monte.

A festa remata en cocido. Estivo ben o deste ano, en particular nas sobremesas: rosquillas, filloas, orellas e queixo. Pero a min pareceume que o de 2015 tiña máis fondura. O ano pasado puidemos comer carne de porco nos seus variados xeitos de conservación: salgada, adobada, afumada, fresca… Este ano a min pareceume que toda estaba salgada, agás un anaco de orella que estaba afumado. Con todo, non tivemos queixa.

No xantar coñecín o fotógrafo Ángel Luis Utrera, quen sabe un mundo de patrimonio da zona, en particular, pareceume que de mámoas e petróglifos. Foi el quen nos fixo esta foto na que estamos Antonio, Xulio e eu. Tamén no xantar atopei a Luís González Tosar, con quen tivera ocasión de falar por WhatsApp uns días antes, pero a quen non contaba ver alí.

Lalín 3 A

(As outras fotos son de Maribel Longueira.)

3 reflexións sobre “EMPORCARTE

  1. Meu Deus…..formidable, me encanta……o noso Vermu de Señoritas está collendo sona Mundial……Graciñas , por certo magoa non coñecer a Luis Gonzalez Tosar, personalmente, non teño o pracer de coñecelo, mais si o deseo intimo…..algun dia, sen dubida algunha. …Queda pendente a visita Os Pendellos, os homes verdes (The green man), dos Baldaquinos de Ventosa, a subida ao Farelo, cumio sagrado dos nosos ancestros e o codico na Casa do Manco de Ventosa…Poñede data.

    • Sabes que hai homes verdes no claustro de San Francisco en Ourense? A quen primeiro lle escoitei falar dos homes verdes na arte medieval galega foi a Alfredo Erias. Cos de Ourense penso que fixen unha entrada neste blog, se a atopo, mándocha. Unha aperta.

  2. Moitas grazas…..Si xa estaba ao tanto, precisamente dos traballos magnificos do profesor Eiras, e das publicacions de M.Gago, no seu blog. non so dos homes verdes de Ventosa, senon dos moitos que se poden atopar na mitiloxia “Celta”, eInndoeurope, entre outras explallados en Igresas, e catedrais. de toda Europa. Moitisimas grazas.

Os comentarios están pechados.