Primeiro paso

Cuberta novelaAsociado a esta novidade editorial, inicio hoxe un camiño que quero compartir. Esta novela foi a miña principal ocupación durante os últimos seis anos. Por ela, acompañado por Maribel, viaxei da Coruña a Novgorod, en autocaravana, entre os meses de marzo e abril de 2011. Tempo de frío, decididos a ser testemuñas do desxeo. Aínda hoxe sinto unha fonda saudade por aqueles días, percorrendo as estradas de Europa, cara ao leste, a procura dunha memoria agochada baixo a neve nas ribeiras do río Volchov. Este blog nace hoxe, cando A noite branca empeza a ser distribuída en librarías. Medrará con ela, pero tamén con todas aquelas cousas que me emocionan: versos, libros, música, o voo dos paxaros, as viaxes e os camiños, as novidades dos amigos, como esa que veño de saber hai uns minutos e que celebro, de que Gustavo Pernas resultou gañador do premio Álvaro Cunqueiro de teatro.